Madilu System

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madilu System
Nacemento28 de maio de 1952
Lugar de nacementoKinshasa
Falecemento11 de agosto de 2007
Lugar de falecementoKinshasa
NacionalidadeRepública Democrática do Congo
Ocupacióncantautor, cantante e compositor de cancións
Na rede
Last fm: Madilu+System Musicbrainz: 83f58e18-23d1-40df-818c-5d5d8c536df7 Discogs: 1045133 Allmusic: mn0000238319 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jean de Dieu Bialu Makiese, máis coñecido por Madilu System ou Madilu Bialu System, nado en Kinshasa en 1950 e finado na mesma cidade o 11 de agosto de 2007, foi un músico e cantante congolés. Foi alcumado coma "o rei da rumba congolesa" e tamén era coñecido polos nomes de "Ramsés II" e "Grand Ninja".

Traxectoria musical[editar | editar a fonte]

Madilu comezou a cantar en 1969 en distintas orquestras, como Bakuba Mayopi, polas que foi rotando ata que a comezos dos anos oitenta entrou a formar parte, tamén como vocalista, do grupo OK Jazz. Neste conxunto, logo chamado TPOK Jazz, comezou a facerse famoso como compositor e cantante de rumbas humorísticas e satíricas, moitas veces de crítica moral, ao carón do guitarrista Franco, a figura máis importante da música congolesa do século XX.

Logo da morte de Franco en 1989 deixou a banda e iniciou a súa carreira en solitario, se ben nos anos seguintes seguiu tocando en xiras e concertos cos lendarios TKOP Jazz.

Discografía en solitario[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O cantante faleceu supetamente, logo de ingresar nun hospital de Kinshasa por cansazo e dor no pescozo. O presidente do país, Joseph Kabila, decretou loito nacional pola súa morte. Con anterioridade, sufrira de diabetes.

Casou en Kenya cunha muller suíza, logo de divorciarse da súa primeira muller congolesa, Mama Biya, coa que tivera catro fillos.