Madeleine Béjart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madeleine Béjart
Madeleine Béjart no papel de Magdelone en Les précieuses ridicules
Nacemento8 de xaneiro de 1618
Lugar de nacementoParís
Falecemento17 de febreiro de 1672
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónactriz de teatro
editar datos en Wikidata ]

Madeleine Béjart, nada en París o 8 de xaneiro de 1618 e finada na mesma cidade o 17 de febreiro de 1672, foi unha actriz francesa[1].

Biografía[editar | editar a fonte]

Madeleine formaba parte dunha familia de actores parisiense, era a irmá máis nova de Joseph Béjart. Ós vinte anos tivo un fillo co protector da familia, o duque de Modène. Entrou no Théâtre du Marais a finais da década de 1630 e en 1643 fundou xunto con Molière o «Illustre Théâtre» do cal foi directora durante un tempo e demostrou gran talento para a xestión que contribuíu á boa marcha da tropa teatral pero en 1645 o teatro caeu en bancarrota e Béjart xunto a varios membros da súa familia e Molière marcharon ó sur de Francia para poder sobrevivir representando as obras de Molière en numerosas cidades e vilas. En 1658 Béjart e o seu grupo teatral volveron a París. Béjart foi a actriz principal do seu amante, interpretando as súas obras con gran fidelidade artística.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1], Encyclopædia Britannica (en inglés).