Madeleine Béjart
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xaneiro de 1618 París, Francia |
Morte | 17 de febreiro de 1672 (54 anos) París, Francia |
Cor do pelo | Rubio |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro |
Madeleine Béjart, nada en París o 8 de xaneiro de 1618 e finada na mesma cidade o 17 de febreiro de 1672, foi unha actriz francesa[1].
Biografía
[editar | editar a fonte]Madeleine formaba parte dunha familia de actores parisiense, era a irmá máis nova de Joseph Béjart. Ós vinte anos tivo un fillo co protector da familia, o duque de Modène. Entrou no Théâtre du Marais a finais da década de 1630 e en 1643 fundou xunto con Molière o «Illustre Théâtre» do cal foi directora durante un tempo e demostrou gran talento para a xestión que contribuíu á boa marcha da tropa teatral pero en 1645 o teatro caeu en bancarrota e Béjart xunto a varios membros da súa familia e Molière marcharon ó sur de Francia para poder sobrevivir representando as obras de Molière en numerosas cidades e vilas. En 1658 Béjart e o seu grupo teatral volveron a París. Béjart foi a actriz principal do seu amante, interpretando as súas obras con gran fidelidade artística.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madeleine Béjart |