Macromedia FreeHand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Macromedia FreeHand é un Programa informático de Macromedia de edición de gráficos vectoriais bidimensionais orientados ao mercado profesional do deseño gráfico. É unha aplicación flexíbel, bastante usada ademais en diagramación (paxinación). Posúe capacidades avanzadas de manipulación de imaxes vectoriais e, de forma limitada, en imaxes raster, para impresión e para a World Wide Web. É utilizado en produción para a Web por súa grande integración cos outros programas da Macromedia, como o Macromedia Flash. Antes de ser cancelado o seu desenvolvemento, competía no mercado profesional cos programas Adobe Illustrator e CorelDraw. Co lanzamento do Adobe Creative Suite 3, o FreeHand foi oficialmente substituído por Adobe Illustrator.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, foi creado pela Altsys e licenciado à Aldus, que lanzou as versións 1 a 4. Cando Aldus se xuntou á Adobe Systems, que comercializaba o Adobe Illustrator, a Adobe devolveu o FreeHand para a Altsys. Mais tarde, en 1995, a Altsys foi adquirida por Macromedia, que lanzou o FreeHand nas versións 5.0, 5.5 (soamente para Mac), 7, 8, 9, 10 e 11 (ou MX). En 2005 Adobe comprou a Macromedia.

Coa compra de Macromedia por Adobe, que produce un programa concorrente, o Adobe Illustrator, o futuro do FreeHand foi cuestionado máis unha vez. A empresa anunciou inicialmente, en maio de 2006, que planeaba continuar a ofrecer mantemento técnico e desenvolvemento para o FreeHand "baseado nas necesidades dos seus consumidores".[1] Porén, un ano despois, en 15 de maio de 2007, Adobe declarou que iría cancelar, de feito, o desenvolvemento e mantemento de programa.[2]

Actualmente, os usuarios rexistrados do FreeHand MX poden comprar unha actualización para o Adobe Illustrator CS3. Mentres algúns usuarios do programa están enviando súas reclamacións á Adobe, esperando ver a continuidade do apoio e desenvolvemento de FreeHand,[3] a empresa decidiu fornecer ferramentas e guías para facilitar a transición para o Illustrator.

Oficialmente, o Macromedia FreeHand MX non admite Windows Vista. Porén, algúns usuarios relataran que o programa roda sen moitos problemas no sistema operativo da Microsoft.

Historia de lanzamentos[editar | editar a fonte]

versión data de lanzamento empresa plataforma alteracions significativas
1.0 1988 Aldus Mac OS
1.2 1988 Aldus Mac OS
2.0 1988 Aldus Mac OS, NeXT (Virtuoso 1.0)
2.02 1988 Aldus Mac OS, NeXT (Virtuoso 2.0)
3.0 1991 Aldus Mac OS, Windows
3.1 1991 Aldus Mac OS, Windows
4.0 1994 Aldus Mac OS, Windows
5.0 1995 Macromedia Mac OS, Windows
5.5 1995 Macromedia Mac OS
6 (beta) (non foi lanzado) Macromedia Mac OS, Windows
7.0 1996 Macromedia Mac OS, Windows
7.2 1996 Macromedia Mac OS, Windows
8.0 1998 Macromedia Mac OS, Windows
8.0.1 1998 Macromedia Mac OS, Windows
  • mellor compatibilidade ao exportar ficheiros para Flash
  • mellor compatibilidade ao importar ficheiros do Photoshop 5 e Illustrator 7
  • mellorado o suporte a imaxes importadas (linked images)
9.0 2000 Macromedia Mac OS, Windows
10.0 2001 Macromedia Mac OS, Windows
  • primeira versión nativa para o Mac OSX (carbon)
  • páxinas-mestras (Master Pages)
  • arquivos do freehand comprimidos automaticamente coa extensión ".fh10", sendo así menores do que ficheiros coa extensión ".fh9" ou anteriores
10.0.1 10 de Setembro de 2003 Macromedia Mac OS, Windows
11.0 (MX) 2003 Macromedia Mac OS, Windows
  • ferramenta de extrusión (Extrude)
  • ferramenta de gráficos (Chart)
11.0.1 (MXa) 2003 Macromedia Mac OS, Windows
  • corrección de varios erros (bugs)
11.0.2 (MX) 25 de Febreiro de 2004 Macromedia Mac OS, Windows
  • corrección de varios erros(bugs)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. macworld.co.uk Adobe: GoLive and FreeHand development continues
  2. blogs.adobe.com/jnack FreeHand no longer updated; moving to Illustrator
  3. enrichdesign.com

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]