Mac OS X Jaguar (versión 10.2) é a terceira versión de macOS, o sistema operativo e servidor de Apple Inc. Substituíu a Mac OS X Puma e precedeu a Mac OS X Panther. O sistema operativo foi lanzado o 23 de agosto de 2002. Estaba dispoñible tanto para instalacións nun só ordenador como nun "paquete familiar" que permitía realizar cinco instalacións en ordenadores distintos nunha mesma casa.[1] Jaguar foi a primeira versión de Mac OS X en utilizar publicamente o seu nome en clave en mercadotecnia e publicidade.[2]
CUPS (Common Unix Printing System): que permite o uso de drivers GIMP-print, hpijs e demais para impresoras non soportadas oficialmente.
No Reino Unido non se utilizou oficialmente o nome de Jaguar para referirse a Mac OS X v10.2 para evitar entrar en conflito co fabricante de automóbiles Jaguar, aínda que a caixa e os CDs seguiron conservando o logo con pel de Jaguar.