Maat Mons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maat Mons
Vista de Maat Mons en 3d sobre a superficie de Venus, cunha escala vertical multiplicada por 22,5. Imaxe baseada en imaxes tomadas pola sonda Magallanes
Tipo de accidente xeolóxico Mons
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 395 km[1]
Altitude 8 km[2]
Coordenadas 0,5° N 194,6° E[1]
Procedencia do nome deus do antigo Exipto da verdade e a xustiza.[1]

Maat Mons é un xigantesco volcán de escudo e o volcán máis grande do planeta Venus. Elevase uns 8 km por riba do radio medio do planeta,[2] e fica nas coordenadas 0.5°N 194.6°E. O seu nome provén da antiga mitoloxía exipcia, na que Ma'at era o deus da verdade e a xustiza.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Maat Mons posúe unha gran caldeira no cumio, cunhas dimensións de 28×31 km. Dentro da propia caldeira hai polo menos cinco pequenos cráteres, formados polo colapso da propia caldeira, este cráteres roldan os 10 km de diámetro. Unha cadea de cráteres de entre 3–5 km estendese ó longo de máis de 40 km no flanco suroeste do volcán, pero máis que indicar que son parte dunha longa fisura eruptiva, semellan terse formado polo colapso das capas superiores: as imaxes de alta resolución tomadas pola sonda Magallanes non revelan evidencias da existencia de regueiros de lava que nazan deses cráteres. Polo menos ocorreron dous destes eventos de colapso a grande escala no pasado de Maat Mons.

Actividade[editar | editar a fonte]

A sonda Magallanes sondeou por radar o volcán para buscar evidencias dunha relativamente recente actividade volcánica, estas evidencias foron atopadas en forma de cinzas volcánicas preto do cumio e da ladeira norte do volcán.

Algo que intriga ós xeólogos planetarios son os estudos atmosféricos levados a cabo polas sondas Pioneer Venus 1 e Pioneer Venus 2 na década dos 1980s, que revelaron unhas considerables variacións nas concentracións de dióxido de sulfuro (SO2) e metano (CH4) nas capas medias e altas da atmosfera de Venus. Unha das posibles explicacións foi a inxección na atmosfera de gases volcánicos por parte das erupcións plinianas do Maat Mons.

Existen varias liñas de evidencias que indican que Venus é volcanicamente activo, pero aínda non foi confirmada a existencia de erupcións no presente en Maat Mons.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Mons, montes: Maat Mons on Venus". Consultado o 13-11-2011. 
  2. 2,0 2,1 JPL/NASA. "Venus - Three Dimensional Perspective View of Maat Mons". Consultado o 13-11-2011. 

Robinson, Cordula A.; Thornhill, Gill D.; Parfitt, Elisabeth A. (1995). "Large-scale volcanic activity at Maat Mons: Can this explain fluctuations in atmospheric chemistry observed by Pioneer Venus?". Journal of Geophysical Research 100: 11755–11764. Bibcode:1995JGR...10011755R. doi:10.1029/95JE00147. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mouginis-Mark, P.J. (1994), "Morphology of Venus Calderas: Sif and Maat Montes", Abstracts of the 25th Lunar and Planetary Science Conference, held in Houston, TX, 14–18 March 1994., p. 949.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]