Mini-Satellite Italiano a Tecnologia Avanzata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «MITA»)
Mini-Satellite Italiano a Tecnologia Avanzata / MITA
TipoDemostrador tecnolóxico.
OrganizaciónAxencia Espacial Italiana (ASI)[1]
Data de lanzamento15 de xullo de 2000, 12:00 GMT[2][3][4]
Foguete portadorKosmos 3M[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[3][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[3][5]
Decaemento15 de agosto de 2001[2]
NSSDC ID2000-039A
Masa170 kg[1][3][5]

MITA, acrónimo de Mini-Satellite Italiano a Tecnologia Avanzata, e tamén coñecido como MITA-O, foi un satélite artificial da Axencia Espacial Italiana usado para facer diversos experimentos no espazo. Foi lanzado o 15 de xullo de 2000 desde o cosmódromo de Plesetsk mediante un foguete Kosmos 3M.[1][3]

Características[editar | editar a fonte]

MITA foi un satélite italiano adicado á experimentación no espazo que foi lanzado mediante un foguete Kosmos 3M xunto cos satélites CHAMP e Bird-Rubin. Foi inxectado nunha órbita circular inicial de 450 km de altura, cunha inclinación orbital de 87 graos e un período orbital de 93,6 minutos. O seu obxectivo principal foi realizar diversos experimentos de demostración de novas tecnoloxías.[1][3][4]

O satélite tiña forma cúbica e estaba estabilizado nos tres eixos e pesaba 170 kg, propelente incluído. Levaba a bordo o instrumento científico NINA 2 para estudar os raios cósmicos, e o experimento tecnolóxico MTS-AOMS, consistente nun sensor multitarefa que inclúe un sensor solar e de horizonte, un sensor de velocidade angular e un sensor de campo magnético.[1][2][3]

Reentrou na atmosfera o 15 de agosto de 2001.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MITA" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MITA-O (NINA)" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (26 de agosto de 2014). "MITA (NINA)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 14 June 2001 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-85208). 27 de xuño de 2001: 2. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "MITA" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2015.