MABES

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MABES / Jindai
TipoExperimental
OrganizaciónJAXA
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.
Data de lanzamento12 de agosto de 1986, 20:45 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorH-I[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2][6]
Obxectivo da misiónDemostración tecnolóxica.[2][6]
NSSDC ID1986-061C
Datos orbitais
Semieixo maior7916 km[1]
Inclinación50,0 graos[1]
Apoapse1602,2 km[1]
Periapse1489,0 km[1]

MABES (acrónimo de Magnetic Bearing Flywheel Experimental Satellite), rebautizado tras o lanzamento como Jindai, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 12 de agosto de 1986 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

MABES foi un satélite experimental adicado a medir as características oscilatorias e rotatorias dun modelo de volante de inercia magnético para guiado en voo en condicións de ausencia de gravidade e confirmar o bo funcionamento do dispositivo. O experimento en si ía acoplado á segunda etapa do foguete lanzador, quedando en órbita nesta configuración.[2][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "H-1 R/B(MABES)" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "MABES + R/B" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2013. 
  3. "Note verbale dated 18 February 1987 from the Permanent Representative of Japan to the United Nations addressed to the Secretary-General" (87-05392). 2 de marzo de 1987: 4. ST/SG/SER.E/157. Consultado o 17 de xullo de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "MABES" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "MABES (Jindai)" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "MABES" (en inglés). Consultado o 17 de xullo de 2013.