Método axiomático-dedutivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O método axiomático-dedutivo é o tipo de método característico das ciencias formais (Lóxica e matemáticas), que foi inventado polo matemático grego Euclides. No século XVII, o filósofo e matemático René Descartes, impresionado pola seguridade e firmeza das matemáticas, chegou a pretender adoptar o método axiomático-dedutivo como o método universal de todo auténtico saber.

Características[editar | editar a fonte]

O método axiomático baséase na pura dedución lóxica. A xustificación e/ou fundamentación da verdade nos enunciados lóxicos e matemáticos establécese por derivación necesaria doutros enunciados xa establecidos, e non por comprobación experimental, como sucede no método hipotético-dedutivo-experimental, pertencente ás ciencias empíricas. Así, os teoremas dos cálculos formais dedúcense como necesarios dende outras verdades xa previamente asentadas, segundo operacións, regras e sistemas ben definidos anteriormente.

Todo isto supón que que na orixe de calquera cálculo formal ten que haber uns principios ou enunciados básicos que xa non se poden derivar de ningún outro e que os aceptamos como verdadeiros sen necesidade de demostración. A estes primeiros enunciados indemostrables que serven de base para deducir todos os demais teoremas chámaselles postulados ou axiomas.

A única condición esixible a un cálculo formal é que os axiomas non xeren contradición ningunha, de modo que un sistema formal terá validez lóxica necesaria e universal sempre que sexa consistente (que non produza enunciados contraditorios).

Un sistema formal non trata de ningunha realidade concreta, aínda que naturalmente se aplique a diversos campos da realidade e que se utilice para resolver problemas reais.

Para a xustificación última (o que se chama "contexto de xustificación") non se remite á experiencia, senón a regras escritas de derivación co único requisito da non contradición.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]