Máximo Leyes Posse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Máximo Leyes Posse
Nacemento1855
 A Torre
Falecemento29 de setembro de 1899
 A Estrada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e político
editar datos en Wikidata ]

Máximo Leyes Posse, nado na Torre, Sarces (Laxe) en 1855 e finado na Estrada o 29 de setembro de 1899, foi un político, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela onde comezou a súa carreira literaria na revista estudantil El Tricornio da que foi director interino. Licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras, e foi profesor de inglés e despois catedrático do Instituto de Santiago de Compostela. En 1882 publicou a Acta general de los trabajos realizados por el Ateneo Escolar Gallego, desde la iniciación hasta el día de la apertura solemne. Foi Secretario da Asociación Central Regionalista (1893). Foi redactor xefe de La Cítara, director de El País Gallego e colaborou en El Eco de Galicia, O Novo Galiciano e Galicia Humorística. Publicou por entregas en 1888 a novela curta Sacar o aire en O Tio Marcos d'a Portela. Instalouse na Estrada onde exerceu como avogado e foi director dun colexio de primeira e segunda ensinanza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]