Léon Degrelle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Léon Joseph Marie Ignace Degrelle 15 de xuño de 1906 Bouillon, Bélxica (pt) |
Morte | 31 de marzo de 1994 (87 anos) Málaga, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica | |
2 de abril de 1939 – 17 de febreiro de 1946 | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Católica de Lovaina (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista, escritor |
Período de actividade | 1941 - |
Partido político | Partido Rexista (pt) |
Carreira militar | |
Lealdade | Alemaña nazi |
Rama militar | Heer |
Rango militar | Sturmbannführer (en) (1944–) |
Comandante de (OBSOLETO) | Legião da Valônia (pt) |
Conflito | segunda guerra mundial Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Compañeiro profesional | Louis Picard (–1935) |
Familia | |
Pai | Édouard Degrelle |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Léon Joseph Marie Ignace Degrelle, nado en Bouillon (Bélxica) o 15 de xuño de 1906 e finado en Málaga o 31 de marzo de 1994, foi un político belga e oficial das Waffen SS, que rematou a súa vida en España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fundou nos anos 30 o movemento político Christus Rex (Rexismo), de inspiración católica e conservadora, radicalizou a súa posición nos anos seguintes, aproximándose ao fascismo. Combateu xunto ás forzas do Eixo na segunda guerra mundial na Lexión Valonia, unha unidade estranxeira adscrita ás Waffen SS. Encontrándose en Noruega cando se rendeu Alemaña, logrou escapar a España, onde o réxime de Franco o protexeu durante décadas da sentenza de morte por crimes de guerra pronunciada na súa contra. A concesión da nacionalidade española librouno de ser extraditado despois da fin do franquismo, e dedicou os seus últimos anos a escribir diferentes obras. Foi líder dos nacionalsocialistas de España. Ademais, participou na reorganización dos nacionalismos en Europa contribuíndo ao fortalecemento dos novos partidos políticos de extrema dereita. Durante a súa estadía en España viviu baixo o nome falso de José León Ramírez Reina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bar-Zohar, Michael (1968). The avengers. The story of the hunt for Nazi Criminals. Arthur Barker.
- Bezymenskiĭ, Lev (1966). Tracing Martin Bormann. Progress Publishers.