Léon Degrelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Léon Degrelle
Nome completoLéon Joseph Marie Ignace Degrelle
Nacemento15 de xuño de 1906
Lugar de nacementoBouillon
Falecemento31 de marzo de 1994
Lugar de falecementoMálaga
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeBélxica
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade Católica de Lovaina
Ocupaciónpolítico, xornalista e escritor
PaiÉdouard Degrelle
PremiosCruz Germânica em ouro e Cruz de Cavaleiro da Cruz de Ferro com Folhas de Carvalho
editar datos en Wikidata ]

Léon Joseph Marie Ignace Degrelle, nado en Bouillon (Bélxica) o 15 de xuño de 1906 e finado en Málaga o 31 de marzo de 1994, foi un político belga e oficial das Waffen SS, que rematou a súa vida en España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundou nos anos 30 o movemento político Christus Rex (Rexismo), de inspiración católica e conservadora, radicalizou a súa posición nos anos seguintes, aproximándose ao fascismo. Combateu xunto ás forzas do Eixo na segunda guerra mundial na Lexión Valonia, unha unidade estranxeira adscrita ás Waffen SS. Encontrándose en Noruega cando se rendeu Alemaña, logrou escapar a España, onde o réxime de Franco o protexeu durante décadas da sentenza de morte por crimes de guerra pronunciada na súa contra. A concesión da nacionalidade española librouno de ser extraditado despois da fin do franquismo, e dedicou os seus últimos anos a escribir diferentes obras. Foi líder dos nacionalsocialistas de España. Ademais, participou na reorganización dos nacionalismos en Europa contribuíndo ao fortalecemento dos novos partidos políticos de extrema dereita. Durante a súa estadía en España viviu baixo o nome falso de José León Ramírez Reina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bar-Zohar, Michael (1968). The avengers. The story of the hunt for Nazi Criminals. Arthur Barker. 
  • Bezymenskiĭ, Lev (1966). Tracing Martin Bormann. Progress Publishers.