Lécito
O lécito, lecito, lecithus ou lekhytos, (do grego λήκυθος — lekythos) é un vaso grego antigo usado para almacenar aceites perfumados destinados ao coidado do corpo. Os lécitos úsanse a miúdo ademais como recipientes funerarios. A forma característica do lécito é xeralmente cilíndrica, delgada, cunha soa asa e un pescozo fino, para controlar a dosificación do aceite, ou con forma ovalada (lécito é tamén a xema do ovo,[1] e a lecitina do ovo provén da mesma raíz).[2]
O inicio da produción de lecitos prodúcese aproximadamente no século VII a. C. A forma típica consolídase durante o período da cerámica de figuras negras na rexión do Ática, no século VI a. C.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "bUSCatermos; lécito". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-01-23.
- ↑ "Significado de lécito no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-01-23.
- ↑ COOK, R. M. Greek Painted Pottery. Londres, Nova York: Routledge, 1997, p. 221.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
- Cerámica
- Cerámica de figuras negras
- Cerámica da Grecia antiga / Cerámica grega
- Pintura da Grecia antiga
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- (en inglés) Donna Carol Kurtz, Athenian White Lekythoi, Oxford University Press, Oxford, 1976;
- (en inglés) CLARK, Andrew J.; ELSTON, Maya; HART, Mary Louise. Understanding Greek vase (guía de termos, estilos e técnicas). Os Ánxeles, The J. Paul Getty museum, 2002.
Este artigo sobre Arqueoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |