Luís Rafael I Saku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ܠܘܝܣ ܪܘܦܐܝܠ ܩܕܡܝܐ ܣܟܘ
Luís Rafael I Saku
Patriarca da Igrexa Católica Caldea
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1948 en Zaxo, Kurdistán
Ordes
Ordenación sacerdotal1 de xuño de 1974
Consagración episcopal14 de novembro de 2003, por André Sana
Elixido patriarca31 de xaneiro de 2013
Patriarca de Babilonia
31 de xaneiro de 2013 -
PredecesorManuel III Dalli
Outros

Escudo de Luís Rafael I Saku
Ficha en catholic-hierarchy.org

Luís Rafael I Saku[1] (en siríaco: ܠܘܝܣ ܪܘܦܐܝܠ ܩܕܡܝܐ ܣܟܘ, Lwys Rwpʾyl qdmyʾ Skw; en árabe: لويس روفائيل الأول ساكو), nado como Luis Saku en Zaxo (hoxe no Kurdistán, Iraq) o 4 de xullo de 1948, é o 113º Patriarca de Babilonia da Igrexa Católica Caldea e arcebispo de Bagdad dende o 31 de xaneiro de 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luis Saku naceu en Zaxo, unha cidade do Kurdistán iraquí, o 4 de xullo de 1948. A súa familia trasladouse a Mosul, onde comezou os seus estudos.

O 1 de xuño de 1974 foi ordenado sacerdote da arquieparquía de Mosul, e traballou na catedral até 1979, cando foi enviado a estudar a Roma, onde doutorouse en Patroloxía oriental no Pontificio Instituto Oriental. Continuou os seus estudos na Universidade de París-Sorbona, doutorándose en Historia.

O 24 de outubro de 2002 foi elixido arcebispo de Kerkûk polo Sínodo dos Bispos da Igrexa Caldea. Recibiu a ordenación episcopal o 14 de novembro de 2003, de mans do emérito André Sana.

O 31 de xaneiro de 2013 foi elixido Patriarca de Babilonia da Igrexa Católica Caldea. O 1 de febreiro o papa Bieito XVI concedeulle a comuñón eclesiástica.[2]

O 19 de febreiro de 2014 o papa Francisco recoñeceuno como membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Lettre christologique du patriarche syro-oriental Īšō'yahb II de Gḏālā (628 - 646): étude, traduction et édition critique. Roma: Pontificio Instituto Oriental. 1983. 
  • Le rôle de la hiérarchie syriaque orientale dans les rapports diplomatiques entre la Perse et Byzance aux Ve-VIIe siècles. París: Universidade de París IV: París-Sorbona. 1985. 
  • Ephrem's Teaching: A Source for Updating Catechism. 1988. 
  • الكنيسة الولى: مسيرة ايمان وبدايات لاهوت : دراسة ونصوص مختارة من الاباع الاولين (al-Kanīsah al-ūlá : masīrat īmān wa-bidāyāt lāhūt : dirāsat wa-nuṣūṣ mukhtārah min al-ābāʻ al-awwalīn). Bagdad: شركة التايمس للطبع والنشر المساهمة (Sharikat al-Tāyims lil-Ṭabʻ wa-al-Nashr al-Musāhimah). 1990. 
  • Églises au Moyen-Orient: défis et espérances. Beirut: CEDRAC. 2005. 
  • خلاصة تاريخ الكنيسة الكلدانية (Khulāṣat tārīkh al-Kanīsah al-Kaldānīyah). 2006. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Saku» é a transliteración do seu apelido, tanto en árabe (ساكو, Sakw) como en siríaco (ܣܟܘ, Sakw). Tamén escrito Louis Raphaël Sako.
  2. Bieito XVI (1 de febreiro de 2013). Libreria Editrice Vaticana, ed. "Carta ao novo Patriarca da Babilônia dos Caldeus". Consultado o 18/11/14. 
  3. "Conferme e nomine nella Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0120). 19 de febreiro de 2014. Il Santo Padre Francesco [...] ha annoverato tra i Membri [...] Louis Raphaël I Sako.