Saltar ao contido

Luís Quintela Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís Quintela Ferreiro
Biografía
Nacemento1926 Editar o valor en Wikidata (97/98 anos)
Vilalba, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Quintela Ferreiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1407506 BUSC: quintela-ferreiro-luis-jose-1926 Dialnet: 1237703

Luís José Quintela Ferreiro, nado en Vilalba, foi un profesor e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Francisco Quintela Pallín e Aurora Ferreiro Varela, e irmán do tamén escritor Antonio Quintela Ferreiro. Estudou no Colexio dos xesuítas e fixo os primeiros anos de noviciado. Deixóuno por problemas de saúde. Licenciouse na Facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela.[1] Foi profesor interino de lingua e literatura española no Instituto Masculino de Lugo. Foi pensionado polo Ministerio de Educación Nacional para seguir un cursiño na Sorbona.[2] En 1960 aprobou a oposición para adxunto numerario do Instituto Masculino.[3] Ao ano seguinte foi nomeado profesor de lingua e literatura española na Escola Normal de Lugo.[4] Colaborou en El Pueblo Gallego, La Noche e La Voz de Galicia. Fundou e dirixiu a revista Escritos (1959-1960) onde asinaba como Picato. Foi mestre de Marina Mayoral e Arcadio López-Casanova.

  • Carta a las gentes de Galicia, 1966.
  • Hacia un orteguismo de izquierda, 1967.
  1. "Anacos. Arcadio y su maestro", La Noche, 5-2-1960, p. 2,
  2. El Progreso, 8-3-1952, p. 2.
  3. El Progreso, 4-2-1960, p. 2.
  4. El Progreso,12-2-1961, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]