Lumeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLumeiras

Localización
Mapa
 42°47′37″N 6°40′15″O / 42.7936, -6.670844Coordenadas: 42°47′37″N 6°40′15″O / 42.7936, -6.670844
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioCandín Editar o valor em Wikidata

Lumeiras (Lumeras en castelán e oficialmente) é unha parroquia do concello leonés de Candín, situado na bisbarra do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 18 habitantes[1].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Lumeiras ten unha arquitectura tradicional típica dos Ancares, con edificios construídos con cachotaría e tellados de lousa. Algunhas casas sufriron modificacións e obras para acomodar mellor aos seus habitantes, e xa non presentan un aspecto tradicional. O punto central da poboación é a Praza do Cristo, onde se sitúan a igrexa de Lumeiras, e a antiga escola de Lumeiras, hoxe rehabilitada e usada para fins diversos. Na mesma praza hai unha fonte flanqueada por dous piares de auga, que servían antano como bebedoiros para os animais[2].

A zona rural componse de bosques de castiñeiros. No Porto de Lumeiras encóntrase o Alto da Cruz, ao que se pode subir e observar as vistas sobre o val. Dende a poboación sae unha pista de terra, que atravesa o monte Mourín cara ao concello veciño de Fabeiro[2].

Lingua[editar | editar a fonte]

Lumeiras ao igual ca o resto do concello de Candín pertence ao ámbito lingüístico galego-berciano e os seus habitantes falan un dialecto do galego chamado ancarés.

Festas[editar | editar a fonte]

As principais festividades de Lumeiras son a de Santo Tirso a finais de xaneiro e a de San Pedro a finais de xuño[3].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.