Luisa Revuelta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuisa Revuelta

Luisa Revuelta en 1918 no papel de Doña Jimena na representación da obra Quince días de reinado de Francisco Navarro Villoslada. Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1983 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLanguage and literature (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncatedrática de bacharelato (1935–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Luisa Revuelta Revuelta, nada en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1905 e finada en Córdoba (Andalucía) en 1983, foi unha profesora e pedagoga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Adolfo Revuelta Fernández[1] e Gregoria Revuelta Lázaro.[2] Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela,[3] e nesa época estivo na directiva da Asociación de Estudiantes Católicos de Derecho.[4] Licenciouse en 1929 na Universidade Central de Madrid pola sección de Historia.

Presentouse ás oposicións á cátedra de instituto de Lingua e literatura española, obtivo praza en Logroño en 1933[5] e accedeu ao corpo de catedráticos en 1935, destinada a Teruel.[6] En 1940 trasladouse a Córdoba, e en 1942, logo dun proceso de depuración, obtivo a cátedra. Exerceu como docente ata a xubilación en 1975.

Na docencia adoitaba realizar co seu alumnado representacións teatrais, actividade que xa practicara na infancia na Juventud Antoniana.[7] Levou a cabo representacións de pezas como o auto sacramental La siega no teatro Marín de Teruel (1935) ou a adaptación da comedia La hermosa fea no Instituto de Córdoba (1944), pezas as dúas de Lope de Vega. En 1943 representou o paso El convidado de Lope de Rueda, e en 1946 o poema dramático Gran Reina de Blanco Belmonte. O 23 de abril de 1947, co gallo do IV Centenario do nacemento de Miguel de Cervantes, representou Don Quijote en casa de los Duques, La gitanilla e La elección de los alcaldes de Daganzo.[8]

En 1945 nomeárona académica correspondente da Real Academia de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes de Córdoba, e en 1946 pasou a ser académica de número.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Caminos de España (Valencia, 1939)
  • Las armas y las letras, Renacimiento de nuestros valores universitarios (Córdoba, 1943)
  • "Valera estilista". Boletín de la Real Academia de Córdoba nº 45 (1946)

Editora[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Leva o seu nome o segundo centro de formación do profesorado de Córdoba, inaugurado en 1996.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cosano Moyano, José; Cruz Casado, Antonio (2016). Luisa Revuelta y Revuelta, docente, investigadora y académica. Diputación de Córdoba - Real Academia de Córdoba. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Crónica social". El Correo de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 1914. p. 2. 
  2. Ministerio de Cultura y Deportes (ed.). "Revuelta Revuelta, Luisa (1905-1983)". PARES, Portal de archivos españoles. Consultado o 28 de outubro de 2023. 
  3. "La señorita Luisa Revuelta, alumna de la Universidad de Santiago, que ha obtenido matrícula de honor en todas las asignaturas de tercer año de la Facultad de Filosofía y Letras". Vida Gallega (229). 25 de xullo de 1923. p. 18. 
  4. "Los Estudiantes Católicos". El Compostelano (en castelán). 18 de outubro de 1922. p. 1. 
  5. "Nuevos profesores del instituto". El Ideal Gallego (en castelán). 7 de novembro de 1933. p. 1. 
  6. "Índice de las disposiciones que publica". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de outubro de 1935. p. 6. 
  7. "Quince días de reinado". El Eco Franciscano. 15 de xullo de 1918. p. 330. 
  8. Pilar Bartolomé (18 de febreiro de 2018). "La docente que revolucionó la educación" (en castelán).