Luisa Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luisa Fernández
Nacemento14 de agosto de 1961
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Luisa Fernández, nada en Vigo o 14 de agosto de 1961 é unha cantante pop galega establecida en Alemaña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luisa Fernández naceu en 1961 en Vigo nunha familia con sete irmáns. A principios da década de 1970, a familia trasladouse a Alemaña e instalouse en Alveslohe (Kreis Segeberg) nos arredores de Hamburgo. Alí asistiu á escola e logo formouse como peiteadora.

En 1977, aos dezaseis anos, Fernández foi descuberta nunha competición de talentos na discoteca Zur Kutsche de Alveslohe, onde recibiu un contrato de gravación. O single Lay Love on You saíu a principios de 1978 e alcanzou o 7.º posto en Alemaña, o 5.º en Austria e o 15.º en Suíza. En Bélxica, o foi disco de ouro. O seu disco debut Discodarling, producido por John David Parker tamén se tornou nun grande éxito. O mesmo ano, tamén editou a versión alemá Ein Mann wie du, mais tivo máis éxito na versión de Tina York. Un segundo single de éxito no verán de 1978 foi Give Love a Second Chance, que chegou ao posto 11 en Alemaña e ao 16 en Austria. En 1979 apareceu o seu segundo álbum Spanish Dancer.

Despois do final da "era Disco", non se escoitou moito sobre Fernández durante un tempo, ata que coñeceu o cantante e produtor alemán Peter Kent. En 1986, os dous músicos gravaron o sinxelo Solo por ti, que se converteu nun Top 20 en Alemaña e acadou o número 1 en Austria, país onde a parella tivo os seus maiores éxitos: os singles Con esperanza, Dos horas más, La luna lila (Purple Moon), Quizás, quizás, quizás e Y tú estiveron na listaxe das 20 mellores. En 1997 Fernández finalizou a colaboración con Peter Kent.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Ano Título Posición[1] Observacións
Alemaña Alemaña Austria Austria Reino Unido Reino Unido
1987 L P 24
(2 semanas)
Publicado en xuño de 1987 con Peter Kent
1992 Ambiente 39
(1 semana)
Publicado en agosto de 1992 con Peter Kent

Outros álbums

  • 1978: Disco darling
  • 1979: Spanish Dancer
  • 1988: Y tu (con Peter Kent)
  • 1995: Mar y sol (con Peter Kent)

Recompilacións[editar | editar a fonte]

con Peter Kent

  • 1989: Ihre größten Erfolge
  • 1991: The Maxi Hits
  • 1994: The Hit Collection – Double Gold
  • 1995: Cinderela Rockafella
  • 2002: It’s a Real Good Feeling
  • 2008: Greatest Hits Reloaded

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título Posición Observacións
Alemaña Alemaña Austria Austria Reino Unido Reino Unido
1978 Lay Love on You 7

(30 semanas)

5

(16 semanas)

31

(9 semanas)

Publicación: xaneiro de 1978
1978 Give Love a Second Chance 11

(16 semanas)

16

(12 semanas)

Publicación: xuño de 1978
1986 Solo por ti 18

(12 semanas)

1

(24 semanas)

Publicación: agosto de 1986 con Peter Kent
1987 Con esperanza 7

(16 semanas)

Publicación: xaneiro de 1987 con Peter Kent
1987 Quizás, Quizás, Quizás 12

(6 semanas)

Publicación: maio de 1987 con Peter Kent
1987 Dos horas mas 16

(6 semanas)

Publicación: agosto de 1987
con Peter Kent
1988 Mañana 19

(2 semanas)

Publicación: xuño de 1988 con Peter Kent
1989 Y tu 14

(8 semanas)

Publicación: novembro de 1988 con Peter Kent
1990 La luna lila (Purple Moon) 5

(19 semanas)

Publicación: xullo de 1990 con Peter Kent
1991 Illusion (Ilusion) 25

(3 semanas)

Publicación: maio de 1991 con Peter Kent
1992 Perdona 75

(3 semanas)

Publicación: xuño de 1992 con Peter Kent

outros sinxelos

  • 1978: Ein Mann wie du (versión alemá de Lay Love on You)
  • 1978: Loca por ti (versión española de Lay Love on You)
  • 1978: Stop (When You Do What You Do)
  • 1979: Granada
  • 1979: We All Love You Superman
  • 1979: Sei Il Piu' Forte Superman (versión italiana de We All Love You Superman)
  • 1979: New York Dance
  • 1979: Dead End Street
  • 1980: Love Me Tonight
  • 1981: Africa
  • 1982: Take Me
  • 1983: Like a Hurricane
  • 1985: A tu lado
  • 1986: Girls Play Dirty
  • 1986: Quiero que seas mi amante
  • 1987: Lay Love on You (Remake ’87)
  • 1988: Lay Love on You (Remake ’88)
  • 1989: Porque no (con Peter Kent)
  • 1992: Fiesta del sol (con Peter Kent)
  • 1993: Viva (con Peter Kent)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fontes: Sinxelos Álbums

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]