Luis Álvarez Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) El Franco, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela UNED |
Actividade | |
Ocupación | político, inspector de educación, mestre |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Luis Manuel Álvarez Martínez (Luís Álvarez), nado en El Franco en 1963, é un político galego do PSdeG-PSOE e funcionario dos corpos de profesores de educación secundaria e de inspectores de educación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Ciencias Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1986. Tamén ten un máster universitario en dirección pública, políticas públicas e tributación pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
É funcionario dos corpos de profesores de educación secundaria e de inspectores de educación.
No ano 1986 inicia a súa actividade docente como profesor de educación secundaria da especialidade de matemáticas, impartindo clases en institutos de educación secundaria de Tineo (Principado de Asturias), Betanzos, Chantada e Ribadeo.
No ano 1997 incorpórase como inspector de educación na delegación provincial da Consellería de Educación na provincia de Lugo. Foi tamén inspector xefe de educación na mesma provincia.
No ano 2007 foi nomeado delegado provincial da Consellería de Educación na provincia de Lugo. Desempeñou ese cargo ata o ano 2009.
No ano 2011 foi elixido concelleiro no Concello de Lugo, sendo tenente de alcalde de José Clemente López Orozco e voceiro do goberno municipal. Foi concelleiro delegado de urbanismo e medio ambiente.
No ano 2016 incorpórase ao Parlamento de Galicia logo de ser elixido na lista presentada polo PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, sendo vicevoceiro do grupo parlamentario socialista e voceiro de educación e infraestruturas durante a X lexislatura.
No ano 2020 volve a ser elixido como deputado pola provincia de Lugo, sendo vicevoceiro do Grupo Parlamentario Socialista e voceiro de educación e vivenda.
Dende o 15 de xaneiro de 2022 é voceiro do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE.[1].
Licenciouse en matemáticas; é inspector de ensino e foi delegado de educación na provincia de Lugo durante o goberno bipartito.[2] Foi concelleiro en Lugo entre 2011 e 2015. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 encabezou a candidatura socialista na provincia de Lugo e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, renovando a elección en 2020. Dende o 15 de xaneiro de 2022 é o voceiro do grupo parlamentario do PSdeG[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luís Álvarez é o novo voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia". g24.gal. 15 de xaneiro de 2022.
- ↑ Vidal, Xoán (23 de febreiro de 2011). "Orozco dice que renovó la lista para buscar ideas para un momento novo". El Progreso.
- ↑ "Luís Álvarez é o novo voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia". g24.gal. 15 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 29 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.