Luis Sáenz Peña
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 2 de abril de 1822 Buenos Aires, Arxentina |
| Morte | 4 de decembro de 1907 Buenos Aires, Arxentina |
| Lugar de sepultura | Cemitério da Recoleta (pt) |
| 12 de outubro de 1892 – 23 de xaneiro de 1895 (dimisión) ← Carlos Pellegrini – José Evaristo de Uriburu → | |
| Deputado da Arxentina | |
| 1873 – 5 de outubro de 1875 (dimisión) | |
| Senador da Arxentina | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Buenos Aires |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Buenos Aires |
| Ocupación | avogado, político |
| Partido político | Partido Autonomista Nacional |
| Familia | |
| Fillos | Roque Sáenz Peña |
Luis Sáenz Peña Dávila, nado en Buenos Aires o 2 de abril de 1822 e finado na mesma cidade o 4 de decembro de 1907, foi un avogado e político arxentino, que foi presidente da Arxentina entre 1892 e 1895.
Graduado de avogado na Universidade de Buenos Aires, participou na Asemblea Constituínte de 1860. Foi varias veces deputado nacional e senador. En 1882 ocupou unha vocalía na Suprema Corte de Xustiza da Provincia de Buenos Aires. Posteriormente desempeñou a presidencia do Banco da Provincia, a dirección da Academia de Xurisprudencia e unha vocalía no Consello Xeral de Educación.
O 12 de outubro de 1892 foi consagrado presidente da Nación. Debilitado polos diversos levantamentos do radicalismo, o 23 de xaneiro de 1895 presentou a súa renuncia ante o Congreso, que a aceptou. O goberno pasou a mans do vicepresidente José Evaristo de Uriburu, quen completou o mandato ata 1898.O seu fillo Roque tamén foi presidente.
| Presidente da Arxentina | ||
|---|---|---|
Segue a: Carlos Pellegrini |
Luis Sáenz Peña | Precede a: José Evaristo de Uriburu |
| Partido Autonomista Partido Autonomista Nacional - PAN | ||