Luis Miguélez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Miguélez
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Bembibre, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , cantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1824565 Facebook: luismiguelezofficial Musicbrainz: 30bbdef4-46fb-4520-a732-50cc4f8a6195 Discogs: 1019746 Editar o valor em Wikidata

Luis Miguélez é un guitarrista, cantante e compositor español, nado en Bembibre o 16 de outubro de 1963. Naceu coa subcultura xurdida da movida madrileña. Estivo vinculado a formacións moi influentes na década dos 80 como Pedro Almodóvar e McNamara ou Alaska y Dinarama. O seu estilo flutuou entre o glam rock ata a música pop, centrándose especialmente na súa faceta de guitarrista. Con diferentes formacións ou en solitario, mantívose en activo ata a actualidade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anos 80: Almodóvar y McNamara, Alaska y Dinarama e Fanny y los +[editar | editar a fonte]

Ó comezar os 80, tras abandonar o seu León natal, empezou a súa colaboración co director de cine Pedro Almodóvar e co polifacético Fabio McNamara no dúo cabareteiro Almodóvar y McNamara. Obteñen gran repercusión con cancións como "Voy a ser mamá", "Susan get down" ou "Suck it to me".

Despois desta primeira experiencia intégrase como guitarrista en Alaska y Dinarama, un dos grupos máis influentes da década, cos que edita cinco discos entre 1983 e 1990 ó disolverse a formación. O papel de Miguélez na formación non só se limitaba a tocar a guitarra ou facer coros, pois tamén compuxo cancións, como "Fly acid fly", ou executaba a programación de teclados.

Simultaneamente creou a súa propia banda xunto a Fabio McNamara e Juan Tormento. En 1986 editan o seu primeiro disco, chamado Fanny y los + que obtén escasa repercusión.

Anos 90: Fangoria, McNamara e experiencias en solitario[editar | editar a fonte]

Luis Miguélez foi integrante da primeira etapa de Fangoria, a nova formación creada en 1990 por Alaska e Nacho Canut tras Alaska y Dinarama. Aínda que axiña termina a súa colaboración, asina un dos temas máis célebres da formación: En mi prisión. Posteriormente, en solitario, edita un disco titulado Metálicos.

Ó longo dos 90 compón cancións para artistas como Lola Flores, Alejandro Sanz, Baccara, Los niños del Brasil ou Serafín Zubiri, para quen crea a canción que representou a España no Festival de Eurovisión de 1992, titulada "Todo esto es la música".

En 1995 aparece A tutti plein, gravación para Manzana Records asinada por McNamara, que non obtén o recoñecemento esperado. Pecha a etapa en 1999, editando Guitar devotion, un disco en solitario, sendo unha das cancións -"How do you do?"- coñecida por unha campaña publicitaria dunha compañía telefónica.

Os 2000: McNamara, Glamour to Kill e experiencias en solitario[editar | editar a fonte]

En 2001 McNamara edita Rockstation para o selo Boozo Music. Este é un disco aclamado pola crítica, que inclúe un celebrado himno gai: "Mi correo electrónic...oh!". Trátase do disco máis popular de McNamara e, novamente, vincula a Luis Miguélez coa música dirixida a un público gai.

Posteriormente culmina outro álbum de culto: Alto Standing. No disco colaboran numerosas travestis moi coñecidas en España como Psicosis Gonsáles, La Prohibida, Diossa y Malizzia ou Paranoika Gonsales.

En 2001 decide trasladarse desde Madrid a Berlín, onde crea xunto a Antonio Glamour e Juan Tormento Glamour to Kill, unha banda de inspiración glam rock que edita dous discos: Music pour the ratas e Pecados eléctricos. Obteñen gran popularidade nos mercados anglosaxóns. A súa produción máis recente foi a creación de "Tú eres pop", sintonía do programa de Radio 3 Diario Pop, e de Gritando amor, un recompilatorio de rarezas e grandes éxitos da súa produción dos últimos 15 anos, baixo o nome de Glitter Klinik.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Almodóvar y McNamara[editar | editar a fonte]

  • Cómo está el servicio... de señoras, (1983)

Con Alaska y Dinarama[editar | editar a fonte]

  • Canciones profanas, (1983)
  • Deseo carnal, (1984)
  • No es pecado, (1986)
  • Diez, (1987)
  • Fan fatal, (1989)

Con Fanny y los +[editar | editar a fonte]

  • Fanny y los +, (1986)

Con Fangoria[editar | editar a fonte]

  • Salto mortal, (1990)

Con McNamara[editar | editar a fonte]

  • A tutti plein, Manzana Records (1995)
  • Rockstation, Boozo Music (2001)
  • Maricloneando (recompilación), Susurrando (2007)

Con Glamour to Kill[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • Metálicos
  • Guitar devotion, (1999)
  • Alto standing, (2001)
  • Gritando amor, (2007)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]