Luis María Argaña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1932 Asunción, Paraguai |
Morte | 23 de marzo de 1999 (66 anos) Asunción, Paraguai |
Causa da morte | ferida por arma de fogo |
Lista de vice-presidentes do Paraguai (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Nacional de Asunción |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, xuíz, avogado, político |
Partido político | Partido Colorado (pt) |
Luis María Argaña, nado en Asunción o 9 de outubro de 1932 e finado na mesma o 23 de marzo de 1999, foi vicepresidente constitucional de Paraguai entre os anos 1998 e 1999, cando faleceu cribado na rúa "Diagonal Molas López" de Asunción, capital de Paraguai.
Biografía
[editar | editar a fonte]Argaña formou parte do grupo político que participou na ditadura militar de Alfredo Stroessner desde 1954 en Paraguai.
Tras o golpe de estado do Xral. Andrés Rodríguez, Argaña foi ministro de Asuntos Exteriores (1989-1990).[1]
Foi presidente da Asociación Nacional Republicana (ANR) ou Partido Colorado durante os últimos anos da súa vida.
Morte
[editar | editar a fonte]Na investigación xudicial realizada, determinouse que Argaña foi asasinado por un grupo armado que se desprazaba nun automóbil Fiat Tempra que interceptou o vehículo no que se trasladaban Argaña, o seu gardacostas e o seu chofer. Os asasinos obstaculizaron a rúa, detendo o vehículo de Argaña. Baixaron organizadamente e dispararon repetidamente contra o gardacostas, o chofer e contra Argaña, quen morrería por tales disparos, ademais do seu gardacostas. O chofer sobreviviría.
Desde o inicio a investigación xudicial estivo extremadamente politizada. A aparición dun testemuño falso (que sería asasinado anos despois en estrañas circunstancias) provocou dúbidas sobre as circunstancias do asasinato de Argaña.
Os seus principais opositores, os seguidores de Lino Oviedo e el mesmo, negan que Oviedo ordenara o asasinato de Argaña e consideran que todo foi unha conspiración para provocar a renuncia de Raúl Cubas Grau e a caída política de Oviedo e dos seus partidarios.
A pesar do politizado das investigacións, obtivéronse algunhas probas obxectivas, como a identificación do auto usado no asasinato, o dono orixinal do mesmo e a partir de aí identificáronse os autores materiais dos disparos, entre eles a Pablo Vera Esteche, Luis Rojas, Fidencio Vega e Reinaldo Servín; coñecido dirixente político, partidario de Oviedo. Os cruces de chamadas telefónicas, rexistradas nos seus teléfonos móbiles permitiron a súa vinculación obxectiva.
Todos xa foron condenados polo asasinato de Argaña, a excepción de Fidencio Vega, que xunto ao político Galeano Perrone, foron declarados prófugos pola xustiza paraguaia.
Non se puideron atopar probas obxectivas irrefutables sobre a autoría moral do magnicidio de Argaña, pero a participación de Servín permite orientar as sospeitas cara a Lino Oviedo segundo o fiscal da causa, Rubén Villalba; algo que rechazan os seus seguidores, quen sosteñen a súa propia teoría.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía de Luis María Argaña - Rulers.org (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- OVIEDO: "Jamás me preocupé si Argaña murió como camión viejo o en esa calle" Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Luis María Argaña, por Joshua Abreu (2006), en Project Paraguay. (en inglés)
Predecesor: Ángel Seifart |
Vicepresidente da República do Paraguai 1998-1999 |
Sucesor: Julio César Franco |