Luis García-Rey
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista deportivo , escritor |
Luis García-Rey, nado en Vigo en 1981, é un xornalista deportivo e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xornalista deportivo,[1] comezou a traballar na radio, na cadea COPE, retransmitindo os partidos do Celta de Vigo. Desde principios da década de 2010 presentou a edición de fin de semana[2] de Deportes Cuatro, e tamén nesa cadea un programa nocturno de debate sobre deportes centrado en fútbol chamado El desmarque, ao tempo que continúa a participar en faladoiros deportivos da COPE.[2]
Tamén dá clase na Universidade Villanueva de Madrid.[2]
En 2023 presentou a súa primeira novela, Axel, un drama policial ambientado en Vigo e Madrid. Como escritor recoñécese debedor de Domingo Villar.[3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Obra[editar | editar a fonte]
- Axel (2023). Madrid: Espasa. ISBN 9788467067590.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Casanova, Jorge (13 de xaneiro de 2023). "Luis García-Rey, periodista y escritor: «Todo lo que añoro está en Vigo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-01-13.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Clavero, Marta (4 de xaneiro de 2023). "Debut literario de la cara viguesa de los deportes en televisión con un libro ambientado en Vigo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-01-13.
- ↑ Casanova, Jorge (13 de xaneiro de 2023). "Luis García-Rey, periodista y escritor: «Todo lo que añoro está en Vigo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2023.
- ↑ lecturalia.com. "Luis García-Rey: libros y biografía autor". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2023-07-24.