Universidade Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Villanueva
Tipouniversidade privada
Data de fundación2020
EnMadrid
PaísEspaña
40°29′49″N 3°42′17″O / 40.497083333333, -3.7046944444444
Na rede
https://www.villanueva.edu
Facebook: UniversidadVillanueva Twitter: Univ_Villanueva Instagram: universidadvillanueva Dialnet: 5275076 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Villanueva ou Universidade Internacional Villanueva, é unha universidade de titularidade privada, pertencente a Fomento de Centros de Enseñanza e está situada en Madrid (España)[1] e está afiliada á organización católica Opus Dei. Creada en 2019, comenzou a funcionar en 2020, aínda que a súa historia remóntase a 1997.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa orixe está no 9 de decembro de 1977, cando se funda a Escuela Universitaria del Profesorado "Fomento de Centros de Enseñanza", dirixida por Tomás Alvira. Posteriormente, no 1997, créase o Centro de Enseñanza Superior Villanueva, estando ámbolos dous centros adscritos á Universidade Complutense de Madrid.[2]

Finalmente, os dous centros adscritos acaba uníndose para crear a Universidade Internacional Villanueva, que foi recoñecida como universidade privada pola Lei 5/2019, de 20 de marzo (Boletín Oficial da Comunidade de Madrid de 28 de marzo e Boletín Oficial do Estado de 5 de xullo),[3] autorizándose o inicio de actividades da universidade no curso académico 2020-2021.[4]

Centros docentes[editar | editar a fonte]

A universidade comezou con dúas facultades[5] e, en 2023, ofrecía as seguintes ensinanzas:[6]

  • Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas:
    • Graos: Grao en Administración e Dirección de Empresas, Grao en Dereito, Grao en Mestre de Educación Infantil, Grao en Mestre en Educación Primaria, Grao en Comunicación Audiovisual, Grao en Periodismo, Grao en Publicidade e Relacións Públicas.
    • Dobres graos: en Administración e Dirección de Empresas e Dereito, en Mestre de Educación Infantil e Primaria, en Educación Primaria e Psicoloxa.
    • Posgraos: Mestrado en Periodismo Deportivo (presencial, online e semipresencial), Mestrado en Acceso a la Avogacía, Mestrado Universitario en Avogacía Dixital, Emprendimiento y Tecnología, Mestrado Universitario en Formación del Profesorado, Mestrado Universitario en Gestión de Centros Educativos.
  • Facultade de Ciencias da Saúde
    • Graos: Psicoloxía.
    • Posgraos: Mestrado Universitario en Atención Temperá, Mestrado Universitario en Psicoloxía da Educación, Mestrado Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria.

Campus[editar | editar a fonte]

O seu campus está formado por dous edificios na rúa da Costa Brava do barrio de Mirasierra, no distrito Fuencarral-O Pardo de Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (9 de xullo de 2020). "La Univerisdad Villanueva comenzará su actividad como universidad privada el próximo curso". ABC (en castelán) (Madrid). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  2. 50 Aniversario Fomento de Centros de Enseñanza. Madrid: Editora Social y Cultural. 2014. p. 255. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  3. Comunidad de Madrid (5 de xullo de 2019). "Ley 5/2019, de 20 de marzo, de reconocimiento de la universidad privada «Universidad Internacional Villanueva»". boe.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  4. Comunidad de Madrid (10 de xullo de 2020). "DECRETO 55/2020, de 8 de julio, del Consejo de Gobierno, por el que se autoriza el inicio de actividades de la Universidad Privada Universidad Internacional Villanueva y se aprueban sus normas de organización y funcionamiento" (PDF). bocm.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  5. "Aprobación de la Universidad Villanueva". fomento.edu (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 
  6. "Grados Universitarios". villanueva.edu (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]