Luis Fernández Guitián
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Sober, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Sober |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Luis Fernández Guitián, nado en Sober o 29 de novembro de 1962, é un músico, escritor e político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Músico. Foi mestre do Conservatorio de Música de Ribadavia e creou e dirixiu a banda xuvenil de música. Logo foi mestre no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde tamén dirixiu a banda do centro. Pasou despois ao Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde foi mestre de clarinete e clarinetista da Banda Municipal de Ourense. É director da Banda e da Escola de Música de Sober dende 1997 e tamén creou a Banda Xuvenil de música. Foi correspondente en Sober do xornal El Progreso e da Axencia EFE
Foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde do concello de Sober. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Sober, obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde.
Predecesor: José Gómez Vázquez |
Alcalde de Sober 2011 - actualidade |
Sucesor: no cargo |