José Gómez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Gómez Vázquez
Nacemento20 de febreiro de 1936
 Sober
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Gómez Vázquez, nado en San Martiño de Anllo (Sober) o 20 de febreiro de 1936, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi recolledor de leite. Entrou en política como concelleiro de Sober en 1973 da man do alcalde Jesús Vázquez Pérez. Continuou como concelleiro xa na democracia, sempre na candidatura de Jesús Vázquez (primeiro en UCD, logo en AP e finalmente no PPdeG). Dende 1989 foi 1º Tenente de alcalde do concello. Continuou na candidatura do PPdeG con Raquel Arias e tamén como 1º Tenente de alcalde. Converteuse en alcalde de Sober o 29 de xaneiro de 2009, cando Raquel Arias presentou a dimisión para encabezar a lista do PPdeG ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo.


Predecesor:
Raquel Arias Rodríguez
 Escudo de Sober.svg
Alcalde de Sober
 
2009 - 2011
Sucesor:
Luis Fernández Guitián

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]