Luis Diéguez Amoeiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xullo de 1838 Verín, España |
| Morte | 8 de xaneiro de 1913 Ourense, España |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Pai | Benito Diéguez Amoeiro |
| Irmáns | Plácido Diéguez Amoeiro Castor Diéguez Amoeiro Mariano Diéguez Amoeiro |
Luis Diéguez Amoeiro, nado en Verín o 7 de xullo de 1838 e finado en Ourense o 8 de xaneiro de 1913[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Diéguez Amoeiro. Licenciouse en Xurisprudencia pola Universidade de Madrid (1863). Formou parte do Partido Progresista e co seu pai reconstituíu o partido en Verín (1865), polo que foron perseguidos. Fuxiron a Portugal e por presións do goberno español foron encarcerados en Peniche. Logo do indulto de 1867, volveu ao seu labor político e en 1868 volveu estar preso e sometido a consello de guerra, pero foi absolto. No Sexenio Revolucionario foi elixido deputado por Xinzo de Limia (1869) e gobernador civil de Ourense e Zamora. Seguiu a Manuel Ruiz Zorrilla no Partido Republicano Progresista. Era o xefe do Partido Republicano de Ourense a principios do século XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Regional, 10-1-1913, p. 2.