Luis Díez-Alegría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Díez-Alegría
Nome completoLuis Díez-Alegría Gutiérrez
Nacemento1 de outubro de 1909
 Llanes
Falecemento8 de setembro de 2001
 Alxeciras
NacionalidadeEspaña
Alma máterColegio de la Inmaculada
Ocupaciónpolítico e militar
IrmánsManuel Díez-Alegría e José María Díez-Alegría
editar datos en Wikidata ]

Luís Díez-Alegría Gutiérrez, nado en Llanes o 1 de outubro de 1909, e finado en Alxeciras o 8 de setembro de 2001, foi un militar asturiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no barrio de Buelna, pertencente á Parroquia de Pendueles, concello de Llanes. Estudou o bacharelato no Instituto Jovellanos de Xixón, e posteriormente ingresou na Academia de Enxeñeiros do Exército en 1925, na que ascende a tenente en 1930.

En 1936 participa na marcha que fixo o rexemento de trasmisiones para unirse ás tropas do xeneral Franco, e ascende a capitán durante a guerra civil. En 1941 ascende a comandante por méritos de guerra, e é destinado ao Servizo de Ferrocarrís e logo ao Servizo de Fortificacións da Zona Sur. Alístase como voluntario á División Azul, onde serve durante 20 meses.

Ao seu regreso a España tivo varios destinos, como profesor da Escola de Aplicación de Enxeñeiros, e xefe do Servizo de Ferrocarrís. En 1955 ascendeu a coronel, e en 1961 a xeneral de brigada. Foi nomeado xefe de enxeñeiros da VIª Rexión Militar en Burgos, onde ascendeu a xeneral de división, cando pasa a ser Gobernador militar de Asturias. Logo, ao ascender a capitán xeral, o máis novo de España en alcanzar ese grao, foi nomeado Capitán Xeral da VIIª Rexión Militar. Entre marzo de 1969 e xaneiro de 1972 ocupa o cargo de Director Xeral da Garda Civil. A continuación é nomeado Xefe da Casa Militar do entón Xefe do Estado, Francisco Franco, posto no que permanece ata 1975, e, posteriormente, Xefe do Alto Estado Maior. En outubro de 1976 substitúe no Consello do Reino e no Consello de Rexencia ao xeneral Angel Salas Larrázabal.

O rei de España, Xoán Carlos I desígnao senador, e senta no grupo Independente do Senado (os seus bancos máis conservadores) entre o 15 de xuño de 1977 e o 2 de xaneiro de 1979. Nese ano, ademais, pasa á reserva como militar.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Irmán do tamén militar Manuel Díez-Alegría e do sacerdote xesuíta José María Díez-Alegría.