Lucio Martínez Pereda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucio Martínez Pereda, nado en Vigo en 1962, é un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de Historia no IES Valadares de Vigo. Investigou a retagarda franquista durante a guerra civil española: mobilización, propaganda política e depuración administrativa e estuda a mobilización e politización de masas na fase inicial da ditadura en Galicia.[1] A súa obra Medo político e control social na retagarda franquista foi finalista do Premio da Crítica Galicia 2016.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La depuración franquista del Magisterio Nacional en el norte de Zamora 1936-1943, CEB Ledo del Pozo, 2008.[2]
  • Propaganda, mobilización e cerimonias político relixiosas en Vigo durante a Guerra Civil, Instituto de Estudios Vigueses, 2011, ISBN 978-84-89599-45-9.[3]
  • Medo político e control social na retagarda franquista, Xerais, 2015, ISBN 978-84-9914-808-3.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]