Luís Correa Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Caruncho
Luís Correa Piñeiro.jpg
Luís Henrique Correa Piñeiro
Nacemento1971
OrixeVigo Galicia Galicia
OcupaciónMúsico
XéneroFolk, regueifa, canto de cego
Instrumento(s)Voz, gaita, zanfona
Relacionado conOs Carunchos
Na rede
Discogs: 6685422 Editar o valor em Wikidata

Luís Henrique Correa Piñeiro[1][2][3], nado en Vigo en 1971[2][4], alcumado O Caruncho, é un músico e regueifeiro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a recibir clases de baile tradicional galego con 9 anos[1]. Descubriu a zanfona da man do grupo Múxicas na década de 1990, continuou a súa formación co instrumento e deseguido empezou a facer actuacións interpretando cantos de cego acompañado coa música da zanfona. Destaca tamén o seu interese pola recuperación e divulgación da regueifa e como gaiteiro, impartindo clases de música tradicional galega[3][5]. É membro ou participa en diversos grupos musicais como Os Carunchos, Os Folieiros, Zurrumalla, o coro galego Cantares de Brión, o dúo de zanfona Sobre Rodas e os regueifeiros Trioliro[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Correa Piñeiro, Luis Henrique". Editorial canela. Arquivado dende o orixinal o 31-10-2016. Consultado o 20-10-2016. 
  2. 2,0 2,1 M. V. (3-12-2009). "O futuro inmediato da regueifa está asegurado". La Voz de Galicia. Consultado o 30-10-2016. 
  3. 3,0 3,1 "Clases de Zanfona en Lugo". Asociación de Gaiteiros Galegos. 16-11-2006. Consultado o 30-10-2016. 
  4. García, Rodri (11-1-2014). "Poetas Di(n)versos reúne a Díaz-Pimienta y Luis Correa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30-10-2016. 
  5. "Fichas persoais: Luis “O Caruncho”". Regueifa.org. Arquivado dende o orixinal o 21-08-2016. Consultado o 30-10-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]