Luís Chamorro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Chamorro
Nacemento1898
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento1969
Lugar de falecementoTribomont
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

José Luís Chamorro Castro, nado en Pontevedra en 1898 e finado en Tribomont (Bélxica) en 1969, foi un sindicalista e militante libertario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

Traballou como estibador no porto da Coruña. Militante da CNT, deuse a coñecer nunha folga no ramo do transporte en 1920. Na ditadura de Primo de Rivera estivo embarcado como enfermeiro marítimo e participou nas loitas sindicais da Arxentina integrado na FORA. Coa proclamación da República volveu a Coruña e destacou na CNT polo seu aliñamento coas posturas máis radicalizadas e as súas accións na FAI e nos Grupos de Defensa. Foi multado en xullo de 1933 como autor do texto duns panfletos repartidos polo Comité de Transportes da CNT.[1] En setembro de 1935 foi xulgado na Coruña por tenencia de explosivos, sendo absolto.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e logrou fuxir a Xixón na evasión de La Libertaria en xaneiro de 1937. Trasladouse a Bilbao, onde desempeñou postos de responsabilidade no Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Pasou despois a Cartagena, onde foi secretario de Defensa local e un dos fundadores da Agrupación de Gallegos Libertarios "Galicia Ceive". Coa derrota trasladouse a Casablanca, actuou na resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT no exilio establecido en Tolosa. Finou accidentalmente nun Asilo de Anciáns exiliados próximo a Liége.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con María Rodríguez Rego en 1930.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 16-7-1933, p. 3.
  2. El Obrero, 28-9-1935, p. 3.
  3. El Ideal Gallego, 19-8-1930, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]