Luís Antonio Chao Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís Antonio Chao Gómez
Nacemento24 de agosto de 1944
 Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto e político
editar datos en Wikidata ]

Luís Antonio Chao Gómez, nado o 24 de agosto de 1944 en Ribadavia, é un arquitecto e político galego, do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en arquitectura, foi arquitecto municipal do Carballiño e presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense entre 1981 e 1987. Politicamente, figurou na lista de Alianza Popular ao Congreso dos Deputados pola provincia de Ourense nas Xerais de 1986, pero non saíu elixido. Si que foi escollido concelleiro en Ourense nas eleccións de 1987, e permaneceu no consistorio unha lexislatura, ata 1991. Ao ano seguinte substituíu a Tomás Pérez Vidal como senador de designación autonómica e revalidaría esa condición logo das Xerais de 1993 e de 1996.

Durante ese tempo foi tamén presidente da Xunta Xestora Local de Ourense do Partido Popular (1991-1993). A partir de 1996 pasou a unh segunda fila, da que a piques estivo de ser repescado en 2011, cando o seu nome se deu erroneamente por definitivo nas listas populares ao Senado[1], se ben finalmente concorreu como suplente nas listas ao Congreso.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Patrono da Fundación San Rosendo dende 1992, está casado e ten tres fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]