Los Motores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Los Motores
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período1990-presente
Xénero(s)heavy metal, hard rock
Selo(s) discográfico(s)EMI, DRO, Clave Records, Romilar-D, Edigal, Vitamina Records, Pies Records
MembrosCarlos del Río
Gonzalo del Río
Toni Lápidas
Carlos Rivas
Antigos membrosManolo Arias
Tytto Rodd
Marcos Leyenda
Antonio Amblés
Miguel González
Gerardo Fernández
Páxina webhttp://losmotores.es

Los Motores é unha banda de hard rock galega procedente de Vigo e formada no ano 1991.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda formárona no ano 1990 Antonio Amblés (voz), Toni Lápidas (guitarra), os irmáns Gonzalo (baixo) e Carlos del Río (guitarra e voz) e Miguel González (batería). Todos eles proviñan xa de outras bandas da escena viguesa como Los Cafres, Último aviso ou Desertores. Ese mesmo ano foron fichados polo selo DRO e gravaron o seu álbum de estrea, Si quieres un amigo cómprate un perro, producido por Alberto Torrado.[1]

Tras a publicación do disco a banda comezou unha xira con Sleepy Labeef, Deltonos e Aerolíneas Federales. Grazas á xira o representante de Barricada fichounos tocando con eles ne xira do seu disco Por instinto.[1]

No ano 1992 gravaron o seu segundo traballo, Atrapado en esta piel, publicado polo selo Romilar-D Records. Neste traballo o guitarrista Carlos del Río encargouse das voces.[1]

Toni Lápidas deixou o grupo e incorporáronse Marcos Leyenda (guitarra) e Tytto Rodd (batería). Coa nova formación gravaron o seu terceiro álbum, Noche de lobos, editado polo selo galego Edigal en 1996. Posteriormente a banda saíu de xira con grupos como Extremoduro, Koma, Barón Rojo e Platero y Tú.[1]

O seu seguinte disco gravouse no Océano Estudio co produtor Javier Abreu. Un día perfecto foi publicado en 1997 a través do selo Clave Records. O guitarrista Manolo Arias (Niágara, Muro, Atlas) incorporouse a Los Motores tras o lanzamento o grupo tocou con artistas como Barón Rojo, Soziedad Alkohólika, Obús ou Rosendo Mercado.[1]

En 1999 Manolo Arias e Tytto Rodd abandonaron Los Motores. Miguel González, o batería orixinal, regresou á banda, e xunto cos irmáns del Río gravaron o disco Hombres hormiga no que colabora El Drogas de Barricada.[1]

Gonzalo del Río deixou a banda pouco despois e Los Motores disolveuse durante un tempo. En 2001 Carlos del Río recrutou algúns músicos locais e publicou o álbum Del mal nadie se libra a través do selo Pies Records. O grupo saíu de xira con Muro e en 2003 publicou o seu directo Más Vivo... Más Alto... Más Fuerte... ‎, gravado na sala Anoeta de Vigo. Posteriormente Los Motores permaneceron inactivos ata o ano 2010.

En 2010 uniuse o guitarrista Gerardo Fernández. Coa nova formación a banda publicou Caníbal de lo ajeno en xaneiro de 2014 a través do selo Vitamina Records. Na presentación do disco na sala Máster de Vigo aproveitaron para gravar o vivo En Vigo y en directo no que colaboraron Sherpa de Barón Rojo, Manolo Arias, Pacho Brea, e Óscar de Lujuria.[1]

Toni Lápidas regresou a Los Motores e en setembro de 2015 a banda comezou a gravar o disco Rotos por las costuras, publicado a comezos de 2016 a través de Edigal.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Si quieres un amigo cómprate un perro 1990 DRO
Atrapado en esta piel 1992 Romilar-D Records
Noche de lobos 1996 Edigal
Un día perfecto 1997 Clave Records
Hombres hormiga 1999 Vitamina Records
Del mal nadie se libra 2001 Pies Records
Caníbal de lo ajeno 2014 Vitamina Records
Rotos por las costuras 2016 Edigal

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Historia". Los Motores. Consultado o 5 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]