Lorchos FG
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Lorchos FG | ||
---|---|---|
Nome | Galicia Bealo Lorchos FG | |
Alcume(s) | Lorchos | |
Fundación | 2023 | |
Estadio | Bealo Park, A Lomba, Bealo | |
Presidente | Milucho | |
Adestrador | Pablo Miragaya López | |
Liga | Liga Galega de Fútbol Gaélico | |
Patrocinador | JJ Chicolino, CliniQSantiago | |
Na rede | ||
| ||
O Galicia Bealo Lorchos ou Lorchos Gaélicos do Barbanza, é un equipo de fútbol gaélico creado en 2023 en Boiro, que disputa a Liga Galega de Fútbol Gaélico 2023/24, organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico e a Real Federación Galega de Fútbol.[1]
Cadro de xogadores[editar | editar a fonte]
Temporada 2023/24[editar | editar a fonte]
Adestrador[editar | editar a fonte]
Nome | Foto |
---|---|
Pablo Miragaya López | (Falta foto) |
Xogadores[editar | editar a fonte]
Dorsal | Nome | Alcume | Foto |
---|---|---|---|
1 | José Antonio Chaves Mosquera | Chaves | (Falta foto) |
2 | Marcelino Álvarez Gonzalez | Nino | (Falta foto) |
3 | Alfonso Rodríguez Hermo | Black | (Falta foto) |
4 | Santiago Rubén Dieste Sánchez | (Falta foto) | |
5 | Mateo Boullón Fandiño | (Falta foto) | |
6 | Francisco Javier Delgado Mariño | (Falta foto) | |
7 | Samuel López Fraga | Piro | (Falta foto) |
8 | Iker Calvo Gómez | (Falta foto) | |
9 | Manuel Cespón Fungueiriño | (Falta foto) | |
10 | Alejandro Sánchez Collazo | Cabuxa | (Falta foto) |
11 | David Chaves Rodríguez | Junior | (Falta foto) |
12 | Alejandro Fabeiro Vázquez | (Falta foto) | |
13 | Juan Carlos García Boo | (Falta foto) | |
14 | Julio Aller Acuña | (Falta foto) | |
15 | Abel Romero Vidal | (Falta foto) | |
16 | Manuel Núñez Nieto | (Falta foto) | |
18 | José Ramón Agrelo Romero | (Falta foto) | |
19 | Rubén Sánchez Collazo | Rubas | (Falta foto) |
20 | Josué Mariño Places | (Falta foto) |
Competicións[editar | editar a fonte]
Torneo A Estrada 2023[editar | editar a fonte]
O club comezou as súas andadas tras ser convidado a un torneo de Fútbol Gaélico Seven en A Estrada, onde os Lorchos mantiveron unha boa imaxe durante toda a competición a pesar de caer nos catro partidos disputados.
O equipo enfrontouse en fase de grupos a Irmandinhos (11-28), Keltoi (8-12) e Turonia (11-12). Ademais, disputou o terceiro e cuarto posto de novo contra Turonia (6-22).
Triangular Amigable Poio 2023[editar | editar a fonte]
O equipo foi de novo convidado a un torneo amigable en Poio onde se enfrontou ao Estrela Vermelha cun resultado de 0-6 para o equipo compostelán, e ao equipo local Lume de Beltane, caendo de novo por 26-4, dando por finalizado o torneo.
Liga Galega 2023/2024[editar | editar a fonte]
- Xornada 2
A competición regular comezou en Boiro para os Lorchos contra o Estrela Gaels, filial do Estrela Vermelha FG, tras descansar os boirenses na primeira xornada.
O partido disputouse no campo de Vistalegre, levándose a Compostela a vitoria o equipo visitante cun resultado de 17-27.
- Xornada 3
O equipo dos Lorchos recibiría ao decano da competición e actual campión, Fillos de Breogán, de novo no campo de Vistalegre. A vitoria decantaríase para o equipo coruñés cun avultado resultado de 8-48.
- Xornada 4
Os Lorchos rematarían esta primeira quenda de partidos como local recibindo aos campións da anterior edición da Copa, o Keltoi, onde o club local volvería a caer cun resultado de 2-40.
- Xornada 5
Os Lorchos visitan Poio no seu primeiro desprazamento na Liga regular, onde tras realizar un gran xogo que lles permitiu ir gañando gran parte do encontro, acabarían voltando de baleiro tras caer cun resultado de 24-20, ante o equipo amálgama formado por Independiente e Lume de Beltane.
- Xornada 7
Tras descansar na xornada anterior, os Lorchos desprázanse a Vigo para o crucial encontro ante Estibadores, filial do Keltoi GAC, buscando a primeira vitoria do campionato. Non puido ser, rematando 2023 cun resultado adverso de 23-15.