Lockheed AH-56 Cheyenne
Lockheed AH-56 Cheyenne | |
---|---|
![]() | |
Tipo | helicóptero de ataque |
Fabricante | Lockheed |
Primeiro voo | 21 de setembro de 1967 |
Estado | cancelado |
Unidades construídas | 10 |
O Lockheed AH-56 Cheyenne foi un helicóptero de ataque desenvolvido por Lockheed para o Exército dos Estados Unidos. Xurdiu do programa do Exército Sistema Avanzado de Soporte de Fogo aéreo (AAFSS) para crear o primeiro helicóptero de ataque dedicado en servizo. Lockheed deseñou o Cheyenne usando un sistema de rotor ríxido de catro palas e configurou a aeronave como un helicóptero composto con palas baixas e unha cola cunha hélice de pulo cun motor turboeixo General Electric T64. O Cheyenne tiña que ter unha alta velocidade para operar como escolta armada aos helicópteros de transporte do Exército como o Bell UH-1 Iroquois.
En 1966 o Exército premiou a Lockheed cun contrato por dez prototipos do AH-56, pero como recurso provisional tamén pediu o menos complexo AH-1 Cobra como helicóptero de ataque para combater en Vietnam. O AH-56 realizou o seu primeiro voo o 21 de setembro de 1967. En xaneiro de 1968 o Exército asinou un contrato de produción con Lockheed, baseándose no progreso das probas de voo. Un accidente fatal e problemas técnicos afectaron ao rendemento atrasando o desenvolvemento do Cheyenne e levando á cancelación do contrato de produción o 19 de maio de 1969.[1] O desenvolvemento do Cheyenne continuou coa esperanza de que finalmente entrase en servizo.
Pero a medida que a participación estadounidense no Vietnam se reducía, o Exército cancelou o programa Cheyenne o 9 de agosto de 1972. Nesa época o AH-1 Cobra estaba amplamente despregado polo Exército durante a guerra de Vietnam equipado co mísil anti-carro TOW. A polémica coa USAF sobre o papel do Cheyenne en combate ademais do clima político en relación aos programas militares de adquisición causaron que o Exército modificase os requirimentos para un helicóptero de ataque en favor dun aparello bimotor convencional.[2] O Exército anunciou un novo programa para un Helicóptero de Ataque Avanzado (AAH) o 17 de agosto de 1972,[3] que levou ao desenvolvemento do AH-64 Apache.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Antes do desenvolvemento do AH-56, todos os helicópteros armados foran modificacións de aeronaves existentes deseñadas para usos desarmados.[4] En 1962 o entón Secretario de Defensa estadounidense Robert McNamara convenceu á Xunta Howze a revisar os requisitos para a aviación do Exército. A xunta recomendou unha división aerotransportada apoiada por 90 helicópteros armados.[5] A recomendación da Xuntae Howze chegou ao mesmo tempo no que o Exército estaba preparando despregar os seus primeiros helicópteros de escolta armados en Vietnam; 15 UH-1A Iroquois foron modificados con sistemas para montar metralladoras, lanzagranadas e foguetes.[6]
En xuño de 1962 Bell Helicopter presentou un novo deseño de helicóptero a oficiais do Exército, coa esperanza de solicitar financiamento para continuar o desenvolvemento. O D-255 Iroquois Warrior foi concibido como un helicóptero de ataque baseado na célula e nos compoñentes dinámicos do UH-1B, cunha torreta montada no nariz, un canón na barriga e ás para levar foguetes ou mísiles anti-carro SS.10.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ OAVCSA 1973, p. 7
- ↑ Robb 2006, p. 47
- ↑ OAVCSA 1973, p. 9
- ↑ OAVCSA 1973, p. 1
- ↑ Bonin 1986, pp. 5-6
- ↑ Wheeler, Howard A. (1987). Attack Helicopters, A History of Rotary-Wing Combat Aircraft. The Nautical and Aviation Publishing Company. ISBN 0-933852-52-5.
- ↑ Verier, Mike (1990). Bell AH-1 Cobra. Osprey Publishing. ISBN 0-85045-934-6.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Office of the Assistant Vice Chief of Staff of the Army (OAVCSA). An Abridged History of the Army Attack Helicopter ProgramArquivado 12 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. Washington, D.C.: Department of the Army. 1973.
- Robb, Raymond L. "Hybrid helicopters: Compounding the quest for speed", Vertiflite. Verán de 2006. American Helicopter