Saltar ao contido

Loaghtan manx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Loaghtan manx
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
Características
 Cor
Cifras e dimensións
 Masa
58 macho
39 femia Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
TasteAtlasisle-of-man-manx-loaghtan-lamb Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04l6nc Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A loaghtan manx é unha raza de ovellas que ten orixe na Illa de Man. Ás veces tamén se coñece como loaghtyn ou loghtan. A súa pel é de cor marrón escura e a súa característica máis recoñecíbel é que adoita posuír dous pares de cornos e ocasionalmente tres pares.[1]

A loaghtan manx descende dunha raza de ovellas primitivas que no pasado se podían atopar en Escocia, nas Illas Hébridas e nas Illas Shetland. O seu nome provén das palabras en lingua manx lugh dhoan, que significan rato marrón e que describen a cor da ovella. Críase principalmente para a produción de carne, que se considera unha delicia. A súa carne obtivo recentemente o recoñecemento de Denominación de orixe protexida pola Unión Europea.[2]

Nos anos 1950 só quedaban 43 espécimes vivos. Grazas aos esforzos levados a cabo para a súa recuperación, hoxe en día hai arredor de 1.500 femias reprodutoras rexistradas no Reino Unido. Aínda así, séguese a considerar como en risco de desaparición.[3]

  1. "Loaghtan Manx". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2015.
  2. Dad.fao.org (ed.). "Loghtan Manx /Reino Unido". Consultado o 14 de marzo de 2015.
  3. rbst.org.uk (ed.). "Loaghtan Manx". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]