Loa, Utah
Coordenadas: 38°24′10″N 111°38′38″O / 38.40278, -111.64389
Loa Cidade dos Estados Unidos | |
---|---|
Loa, Utah | |
![]() | |
Vista aérea da vila | |
Localización | |
![]() | |
País | ![]() |
Estado | Utah |
Condado | Wayne |
Xeografía | |
Altitude | 2 153 msnm |
Superficie | 2,46 km² |
Demografía | |
Poboación | 575 habitantes (2019) |
Densidade | 233,72 hab./km² |
Outros datos | |
Fundación | 1878 |
Código postal | 84747 |
Loa é unha pequena cidade do condado de Wayne, do que é a súa capital, no estado de Utah, Estados Unidos.[1]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situada a 2 153 msnm, ocupa unha superficie de 2,46 km².[2]
No ano 2019 contaba con 575 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 233,72 hab./km².[3]
Loa localízase xunto á única fonte de auga do condado, coñecida como Spring Creek, que se encontra a 6 km ao norte da cidade, e onde hoxe se atopa o criadeiro de peixes do Estado. A auga potábel de Loa procede dun manancial preto de Road Creek.
Loa ten un clima frío semiárido (Köppen BSk).
Historia[editar | editar a fonte]
Unha oficina de correos chamada Loa está en funcionamento desde 1879.[4] A cidade recibiu o nome en recordo de Mauna Loa, volcán de Hawai, que lle deu un misioneiro mormón que regresara dese lugar.[5]
Galería[editar | editar a fonte]
-
O Loa Tithing Office (Oficina de dezmos), un edificio histórico en Loa
-
Igrexa mormona en Loa
-
Chovendo en Loa
-
Mapa do condado de Wayne
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Find a County". National Association of Counties. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
- ↑ "2019 U.S. Gazetteer Files". United States Census Bureau. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
- ↑ U.S. Census. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
- ↑ "Wayne County". Jim Forte Postal History. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
- ↑ Van Atta, Dale (22 de xaneiro de 1977). "You name it - there's a town for it". The Deseret News. pp. W6. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Loa, Utah ![]() |