Saltar ao contido

Liz Chicaje

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLiz Chicaje

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Liz Chicaje Churay Editar o valor em Wikidata
8 de decembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Pebas (distrito), Perú (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoMiranhas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónwoman human rights defenders (en) Traducir , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Liz Chicaje Churay, nada en 1982, é unha líder indíxena peruana que contribuíu significativamente á protección da selva e os ríos do Departamento de Loreto, no nordeste do Perú, salvagardando os dereitos do pobo yagua. Grazas ós seus esforzos, estabeleceuse o Parque Nacional Yaguas en 2018. En xaneiro de 2019 en Lima, foi galardoada co premio francoalemán polos dereitos humanos, sendo concedido polos embaixadores de Francia e Alemaña.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Liz Chicaje naceu en 1982 no seo dunha comunidade indíxena de Boras de Pucaurquillo no distrito de Pebas, na rexión de Loreto. Pertence ó clan newat. Cando era nena, foi criada na selva onde aprendeu a apreciar a importancia da natureza e dos animais salvaxes. Cando medrou, as comunidades nativas que viven na zona estaban cada vez máis ameazadas pola talla ilegal de árbores e a minaría. Despois de decidir asumir a tarefa de loitar polo benestar destas comunidades, desenvolveu as súas habilidades de liderado e en 2013 buscou converterse en alcaldesa do distrito de Pebas. Aínda que non gañou, familiarizouse cos problemas da xente do distrito.[3][4]

Grazas ó seu traballo, en 2014 foi escollida presidenta de FECONA, unha federación de comunidades indíxenas ampiyacu, achegando unha oportunidade de colaboración con outras federacións indíxenas da rexión.[3] Traballou pola preservación da área arredor dos ríos Napo, Putumayo e Amazonas na fronteira entre Colombia e o Brasil. Como membro do Comité de Categorización da Zona de Reserva Yagua, traballou pola creación do Parquer Nacional Yaguas, no cal as comunidades indíxenas poderín estar integradas e protexidas.[5]

En 2017, o Ministerio de Medio Ambiente do Perú convidouna a participar na Conferencias das Nacións Unidas sobre o cambio climático. Ela presentou as súas propostas sobre o Parque Nacional Yaguas na conferencia de 2017 en Bonn, Alemaña.[5]

Grazas ós seus esforzos, estabeleceuse o Parque Nacional Yaguas no ano 2018. En xaneiro de 2019, foi galardoada en Lima co premio francoalemán dos dereitos humanos entregado polos embaixadores de Francia e Alemaña.[1]

Chicaje foi galardoada co Premio Medioambiental Goldman en 2021.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Frankfurt Zoological Society, ed. (22 de xaneiro de 2019). "Human Rights Award for Rainforest Activist" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2019. Consultado o 15 de maio de 2019. 
  2. Ambassade de France à Lima, ed. (22 de xaneiro de 2019). "La péruvienne Liz Chicaje Churay parmi les lauréates du prix franco-allemand des Droits de l’Homme et de l’Etat de Droit" (en francés). Consultado o 15 de maio de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Andina, ed. (24 de xaneiro de 2019). "Conoce a Liz Chicaje, la lideresa defensora de los derechos indígenas y del ambiente" (en castelán). Consultado o 16 de maio de 2019. 
  4. Sierra Praeli, Yvette (30 de xaneiro de 2019). Mongabay, ed. "Liz Chicaje: una lideresa indígena peruana que se enfrentó a la ilegalidad" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Frankfurt Zoological Society (ed.). "Liz Chicaje Churay from Peru is awarded the Franco-German Prize for Human Rights 2018" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 16 de maio de 2019. 
  6. "Introducing the 2021 Goldman Environmental Prize Winners". Goldman Environmental Prize. 15 de xuño de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  7. Buschschlüter, Vanessa (15 de xuño de 2021). "Liz Chicaje: Activist whose fight created a national park". BBC News. Consultado o 15 de xuño de 2021.