Literatura do Romanticismo en Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ingres A apoteose de Homero (Museo do Louvre).

O Romanticismo é unha corrente artística de Europa occidental que iniciou ao longo do século XVIII en Gran Bretaña (Outre-Manche) e en Alemaña (Outre-Rhin), estendéndose ata Francia, Italia e España no século XIX. En Francia, desenvolveuse durante a Restauración, como reacción contra as normas do Clasicismo e o Racionalismo filosófico dos séculos anteriores.[1]

O Romanticismo baséase na vindicación do particular fronte ao colectivo, e na rebeldía creadora por parte dos poetas, que queren terminar coas normas para a creación literaria que prescribe o Clasicismo, as normas aristotélicas como a regra das tres unidades (tempo, espazo e acción). Trátase pois dun movemento que avoga pola liberdade da arte[2]. O Romanticismo caracterízase por unha vontade de explorar todas as posibilidades artísticas cun fin expresivo. Así, pódese falar dunha reacción dos sentimentos contra a razón, e contra o empirismo que exalta o misterio e o sobrenatural e que busca un escape no soño, a fantasía, o mórbido e o exótico. Os valores estéticos e moralé do Romanticismo, as súas ideas e tópicos novos non tardaron en influír sobre outros ámbitos, en particular a pintura e a música.[3]

O Romanticismo en Francia representou un movemento de reacción contrario á literatura nacional, dominada por un Clasicismo que xa non era exactamente un modelo de imitación dos clásicos. Nas literaturas inglesa e alemá o Clasicismo non calara con tanta intensidade como en Francia ou España, aínda que esta corrente foi predominante neste século. En Francia, país de tradición grecolatina, a literatura continuou sendo clásica ata moito despois do Renacemento.

O pensamento romántico comezou a formarse cara a 1750 e alcanzou o seu termo aproximadamente un século máis tarde. Fraguouse xa no século XVIII, foi contido e ata rexeitado durante a Revolución e o Primeiro imperio, chegou á madurez só baixo a Restauración e o seu triunfo confirmouse cara a 1830, na Batalla de Hernani.[4]

Notas[editar | editar a fonte]