Lista de episodios de One Piece (temporada 1)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primeira temporada de One Piece
Tempada de [[One Piece]]
OrixeFlag of Japan.svg Xapón
de episodios61
Emisión
Canle orixinalFuji TV
Emisión orixinal20 de outubro do 1999
- 7 de marzo de 2001
Cronoloxía
Primeira temporada de One Piece'' Lista de episodios de One Piece (2ª tempada)

A primeira tempada da serie de televisión One Piece comezou a transmitirse o 20 de outubro do 1999 no Xapón, acabando finalmente o 7 de marzo do 2001, cun total de 61 episodios. Nesta primeira tempada preséntase aos personaxes principais que viaxarán canda Ruffy na procura do One Piece.

Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido. Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro. Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe cara a Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

En Galicia a serie estreouse na TVG o 30 de xuño do 2008 e o 18 de febreiro de 2012 na tvG2 dobrada ao galego, e rematou o 14 de abril do 2012.

# Título en galego Data de emisión en Galicia Data de emisión no Xapón
1 "Son Ruffy, o que vai ser o Rei dos Piratas!"
Ore wa Rufi! Kaizoku-ō ni naru otoko da! (俺はルフィ!海賊王になる男だ!)
30 de xuño do 200820 de outubro do 1999

A cuadrilla pirata da capitá Alvida atraca un barco, onde hai un barril no que hai un mociño moi estraño chamado Ruffy. Este vai na procura do lendario tesouro One Piece e quere ser o vindeiro Rei dos Piratas. Faise amigo dun dos grumetes do barco, Coby, que estaba secuestrado por Alvida e derrota a esta, grazas aos poderes dun Froito do Demo que lle permite estirarse, para axudar a Coby a cumprir o seu soño: alistarse na Armada. 

2 "O cazador de piratas Zoro Rorona, un experto espadachín!"
Daikengō arawaru! Kaizoku-kari Roronoa Zoro (大剣豪現る! 海賊狩りロロノア・ゾロ)
1 de xullo do 200817 de novembro do 1999

Grazas a Coby, Ruffy descobre a existencia dun cazarecompensas chamado Zoro Rorona, o cal está preso no cuartel da armada do Capitán Morgan, o as da machada. Logo de descubrir o motivo polo que o teñen retido, Ruffy proponse rescatalo para facelo membro da súa tripulación co gallo de cumprir o seu soño. Helmeppo, o fillo do capitán e este mesmo, hallo poñer difícil. 

3 "Morgan contra Ruffy. Quen é a moza misteriosa?"
Mōgan vs. Rufi! Nazo no bishōjo wa dare?? (モーガンVSルフィ!謎の美少女は誰?)
2 de xullo do 200824 de novembro do 1999

Ruffy vai na procura das espadas de Zoro que tiña Helmeppo gardadas no seu cuarto para logo liberar ao espadachín xunta Coby. Pelexan contra o Capitán Morgan e logran vencelo, acadando a primeira vitoria como tripulación. Deste xeito, Zoro convértese no primeiro membro da tripulación dos Sombreiro de Palla e parten para cumprir o seu obxectivo. 

4 "O pasado de Ruffy e a aparición de Shanks o rubio"
Rufi no kako! Akagami no Shankusu tōjō (ルフィの過去!赤髪のシャンクス登場)
3 de xullo do 20088 de decembro do 1999

Mentres navegan á toa, Ruffy empeza a contarlle a Zoro a historia do seu pasado e a razón pola cal porfía en ser o Rei dos Piratas. Ruffy explícalle que foi un pirata amigo seu, Shanks o rubio, quen lle regalou o sombreiro de palla que leva posto e quen o inspirou para perseguir o seu soño. Namentres, unha ladra rouba un barco pirata preto de onde se atopan Ruffy e Zoro. 

5 "Os misteriosos e terribles poderes do capitán Buggy, o pirata pallaso!"
Kyōfu nazo no chikara! Kaizoku dōke Bagī-senchō! (恐怖!謎の力・海賊道化バギー船長!)
4 de xullo do 200815 de decembro do 1999

Por causa dun paxaro, Ruffy e Zoro sepáranse. O primeiro acaba nunha illa no que coñece a unha moza que foxe duns piratas, a que roubara o barco, cuxo nome é Nami. A vila na que se atopan está ocupada polo terrible Capitán Buggy, o pirata pallaso. Nami, enganando ao pirata do Sombreiro de Palla, entrégao ao propio Buggy para conseguir o seu misterioso obxectivo. 

6 "Mohji o domador contra Ruffy. Unha situación desesperada!"
Zettaizetsumei! Mōjū-tsukai Mōji vs. Rufi! (絶体絶命!猛獣使いモージVSルフィ!)
5 de xullo do 200829 de decembro do 1999

Nami o que quere é o mapa da perigosa Gran Ruta que posúe Buggy. Zoro chega para axudar ao seu amigo pero é ferido polos froitos do demo que consumira o pirata pallaso. Chegan a unha parte afastada da aldea, onde son alcanzados por un dos membros da tripulación de Buggy: Mohji o domador. Ruffy derrótao facilmente e pídelle a Nami que se una á súa tripulación. Esta acepta para poder cumprir os seus negocios, e deciden ir combater contra o capitán Buggy. 

7 "Zoro, o experto espadachín contra Cabaji o acróbata. Un combate feroz"
Sōzetsukettō! Kengō Zoro vs. Kyokugei no Kabaji! (壮絶決闘!剣豪ゾロVS曲芸のカバジ!)
7 de xullo do 200829 de decembro do 1999

Ruffy enfróntanse ao pirata Buggy. O pallaso logra recoñecer o sombreiro de palla que leva posto, o cal lle pertencera a Shanks, un dos seus antigos compañeiros piratas. Buggy desafoga a carraxe que lle gardaba ao 'rubio' contra Ruffy, ao mesmo tempo que Zoro loita contra o segundo membro máis forte da tripulación: o acróbata Cabaji. 

8 "Enfrontamento entre Froitos do Demo! Quen é o vencedor?"
Shōsha wa dotchi? Akuma no mi no nōryoku taiketsu! (勝者はどっち?悪魔の実の能力対決!)
8 de xullo do 200829 de decembro do 1999

Zoro derrota a Cabaji, pero Ruffy ten problemas co Froito do Demo que consumira Buggy, o cal lle permite dividir o seu corpo en partes. Mentres, Nami logra roubar o mapa da Gran Ruta de Buggy e a axuda a Ruffy para vencer ao pirata pallaso. Por unha confusión, Ruffy bátalle ao alcalde da vila, e os habitantes da aldea marchan detrás de Nami, Zoro e o propio sombreiro de palla. Foxen bulindo da vila ata unha nova aventura. 

9 "O falcatrueiro do Capitán Usopp"
Seigi no usotsuki? Kyaputein Usoppu (正義のうそつき?キャプテンウソップ)
9 de xullo do 200812 de xaneiro do 2000

Agora que teñen a Nami como navegante, os Sombreiro de Palla poder navegar con maior facilidade. Pero aínda non están listos para entrar na Gran Ruta, precisan dun barco moito máis grande. Co obxectivo de conseguilo na vindeira illa, chegan ata unha aldea na que coñecen a un rapaz chamado Usopp. O mociño é un mentireiro e está acompañado de tres nenos que din seren piratas. 

10 "O fulano máis raro do mundo. Jango o hipnotizador"
Shijō saikyō no hen na yatsu! Saiminjutsushi Jango (史上最強の変な奴!催眠術師ジャンゴ)
10 de xullo do 200819 de xaneiro do 2000

Ruffy recoñece a Usopp coma un dos fillos dun dos membros da tripulación de Shanks o rubio. Coñecen a Kaya, unha rapaza orfa que posúe unha enorme herdanza, pero que está soa e enferma, só atendida polo seu axudante Merry e o seu mordomo Kurahadol. Á illa chega tamén un estraño home chamado Jango, que semella ser un hipnotizador. 

11 "O descubrimento da intriga, o mordomo é o capitán pirata Kuro!"
Inbō o abake! Kaizoku shitsuji Kyaputein Kuro (陰謀を魔ッ!海賊執事キャプテンクロ)
11 de xullo do 200826 de xaneiro do 2000

Ruffy e Usopp descobren a conspiración entre o mordomo Kurahadol e o hipnotizador Jango. O mordomo é en realidade un capitán pirata chamado Kuro que ten como obxectivo matar a Kaya, quedar coa súa herdanza e esnaquizar a vila. Usopp tenta advertilos a todos, pero ao ser tan falcatrueiro e mentireiro ninguén o cre. Nin tan sequera a súa amiga Kaya. 

12 "O gran combate contra a cuadrilla do capitán Kuro"
Gekitotsu! Kuroneko kaizokudan sakamichi no daikōbō! (激突!クロネコ海賊団坂道の大攻防!)
12 de xullo do 20082 de febreiro do 2000

Ruffy, Nami e Zoro acordan con Usopp defender a vila que tanto estima e protexer á pobriña da señorita Kaya. O día da chegada dos outros membros da cuadrilla de Kuro, só Nami e Ussopp están á entrada da vila para pelexar contra eles. Zoro e Ruffy trabúcaronse de sitio. A batalla xa está a piques de comezar. Usopp sae ferido da mesma. 

13 "A parella asasina. Os irmáns Nyaban contra Zoro"
Kyōfu no niningumi! Nyaban burazāzu vs Zoro (恐怖の二人組!ニャーバン兄弟(ブラザーズ)VSゾロ)
14 de xullo do 20089 de febreiro do 2000

Logo de Usopp sexa ferido, Ruffy e Zoro chegan á batalla. Estes vencen a toda a tripulación con facilidade, pero por mor dos poderes de hipnose de Jango, Ruffy adormece. O hipnotizador manda aos irmáns Nyaban para rematar o choio, pero Zoro enfróntaos con dificultade logo de perder dúas das súas espadas. Xusto no momento no que o capitán Kuro chega á escena. 

14 "Ruffy espertou! A impotencia da señorita Kaya"
Luffy Fukkatsu! Kaya-ojōsama no kesshi no teikō (ルフィ復活!カヤお嬢様の決死の抵抗)
15 de xullo do 200816 de febreiro do 2000

O capitán Kuro está amolado pola desfeita que lle montaron no seu plan Zoro, Ruffy, Nami e Usopp. Ameaza con matalos aos catro en tan só catro minutos. Nami logra recuperar as espadas de Zoro e devólvellas ao seu dono para que remate a pelexa, quen finalmente derrota aos irmáns Nyaban. Finalmente, poden espertar a Ruffy. Ao mesmo tempo, Kaya aparece de súpeto. 

15 "A decisión de Usopp. Derrotar o capitán Kuro!"
Kuro o taose! Otoko Usoppu namida no ketsui! (クロを倒せ!男ウソップ涙の決意!)
16 de xullo do 200823 de febreiro do 2000

Ao decatarse dos plans do seu mordomo, Kaya ofrécelle toda a súa herdanza a Kuro, pero non está interesado só nos cartos. Grazas á hipnose de Jango, un dos irmáns Nyaban volve a escena e torna á pelexa. Usopp pídelle aos tres cativos amigos seus que protexen a Kaya e lévana ao bosque para agochala, pero son perseguidos por Jango. 

16 "Os piratas da cuadrilla de Usopp entran en acción! Protexendo a Kaya"
Kaya o mamore! Usoppu kaizoku-dan daikatsuyaku! (カヤを守れ!ウソップ海賊団大活躍!)
17 de xullo do 20081 de marzo do 2000

Zoro volve derrotar outra vez ao seu opoñente e vai ao bosque para axudar a Usopp a vencer a Jango. Cunha serie de enredos, danlle pelexa. Ruffy pelexa finalmente contra Kuro, que posúe unha gran velocidade e unhas gadoupas enormes. Como isto non é dabondo para derrotar ao capitán dos Sombreiro de Palla, Kuro revela a súa técnica final que pode cortar calquera cousa. 

17 "Explosión de rabia! Fin do combate entre Kuro e Ruffy"
Ikari Bakuhatsu! Kuro vs Rufi ketchaku no yukue! (怒り爆発!クロVSルフィ決着の行方)
18 de xullo do 20088 de marzo do 2000

Malia a nova técnica de Kuro, Ruffy cheo de carraxe pode derrotalo facilmente. Ao mesmo tempo, Zoro e Usopp salvan a Kaya xusto no intre no que esta ía ser asasinada por Jango. Finalmente remata todo o conflito. Kaya, en recompensa, regálalles un barco á tripulación, o Espírito de Merry, unha carabela con tres velas. Usopp acepta formar parte da cuadrilla de Ruffy para acadar o seu soño de ser un gran bucaneiro e parten cara un novo destino. 

18 "Gaimon e os seus estraños compañeiros"
Anata ga chinjū! Gaimon to kimyōna nakama (あんたが珍獣!ガイモンと奇妙な仲間)
19 de xullo do 200815 de marzo do 2000

Os Sombreiro de Palla xunto co seu novo compañeiro Usopp e o novo barco, o Espírito de Merry, chegan a unha illa na que se conta que hai un senlleiro tesouro. Pero alí parece ser que suceden todo tipo de cousas misteriosas. Coñecen a Gaimon, un home que lles conta toda a verdade. El vive alí para protexer aos animais únicos que habitan na illa. 

19 "O pasado do triplo espadachín. A promesa de Zoro e Kuina"
Santō no Kako! Zoro to Kuina no chikai! (三刀流の過去!ゾロとくいなの誓い!)
20 de xullo do 200822 de marzo do 2000

O Espírito de Merry continúa a súa viaxe. Zoro lémbrase da súa amiga Kuina, unha rapaza que coñeceu cando era novo e que adestraba con ela no dojo de seu pai, o Mestre Koshiro. Kuina morreu sen chegar a cumprir a promesa que un día ela e Zoro se fixeron: chegar a ser os mellores espadachíns do mundo. O obxectivo de Zoro agora é acadar ese soño no nome da súa amiga. Ao mesmo tempo, aparece un home estraño que ataca o barco dos Sombreiro de Palla. 

20 "Sanji! O famoso cociñeiro do barco restaurante"
Meibutsu kokku! Kaijō resutoran no Sanji (名物コック!海上レストランのサンジ)
21 de xullo do 200812 de abril do 2000

Zoro recoñece a ese estraño suxeito. É Johnny, que viña acompañado do seu amigo Yosaku, e que foran grandes amigos do espadachín dos Sombreiro de Palla en tempos. Nami coméntalles aos da tripulación que antes de partir cara a Gran Ruta teñen outra prioridade: atopar un cociñeiro. Johnny fálalles dun rapaz con moita sona dun lugar cercano: Sanji, do barco-restaurante Baratie, quen pode ser o indicado. 

21 "Gin, o cliente non desexado, agradece a bondade de Sanji"
Manekurezaru kyaku! Sanji no meshi to Gin no on (招かれざる客!サンジの飯とギン恩)
22 de xullo do 200812 de abril do 2000

Á súa chegada ao Baratie, Ruffy causa sen querer uns destrozos no barco-restaurante, e deberá quedar un tempo alí para pagalos. Alí coñece a Sanji, ao xefe Zeff Pés Vermellos e ao resto da tripulación. Tamén aparece Gin, quen pide comida malia non ter con que pagala, polo tanto, é botado do lugar. Non obstante, Sanji ofrécelle un prato de comida quente. 

22 "A poderosa frota do almirante Don Krieg"
Saikyō no kaizoku-kantai! Teitoku Don Kurīku (最強の海賊艦隊!提督ドン・クリーク)
23 de xullo do 200826 de abril do 2000

En realidade o tal Gin é un pirata ás ordes do almirante Don Krieg, un dos piratas máis temidos do Mar do Leste. Este capitán posúe unha frota de cincuenta barcos e cinco mil piratas. Senón lle dan a comida que pide, está disposto a atacar o Baratie. Os cociñeiros do barco-restaurante están preparados para loitar e non queren que Don Krieg arrample co restaurante. 

23 "A defensa do Baratie e o gran pirata Zeff Pés Vermellos"
Mamore Baratie! Daikaizoku aka-ashi no Zefu (守れバラティエ!大海賊・赫足のゼフ)
24 de xullo do 20083 de maio do 2000

Zeff en defensa de Sanji entrégalle a comida a Don Krieg. Fóra, o barco deste pirata que acababa de volver da Gran Ruta é partido pola metade por un misterioso ataque. Ao mesmo tempo, Nami marcha co barco dos Sombreiro de Palla traizoándoos a todos, logo de chimpar a Johnny e Yosaku á auga. 

24 "Ollos de Falcón e a caída ao mar de Zoro o espadachín"
Taka no me no Mihōku! Kengō Zoro umi ni ochiru (鷹の目のミホーク!剣豪ゾロ海に散る)
25 de xullo do 200810 de maio do 2000

Ruffy ordénalles a Johnny e Usopp que marchen atrás de Nami porque levou o barco e todo o que había nel. Antes de que Zoro marche con eles, descóbrese que quen partiu o barco de Don Krieg á metade foi Ollos de Falcón, o mellor espadachín do mundo, a persoa que levaba buscando durante todo este tempo. Zoro enfróntase a el, pero é derrotado facilmente. 

25 "Explosión de patadas! Sanji contra Perla Muro de Ferro"
Hissatsu ashiwaza sakuretsu! Sanji vs Teppeki no Pāru (必殺足技炸裂!サンジVS鉄壁のパール)
26 de xullo do 200817 de maio do 2000

Ollos de Falcón marcha logo de derrotar a Zoro, de xeito que Don Krieg continúa a súa loita no Baratie. Sae loitar Perla Muro de Ferro e Sanji pon de manifesto as súas habilidades de combate: a técnica dos pés vermellos que lle aprendeu Zeff. Un ferido Zoro marcha con Johnny e Usopp atrás de Nami para descubrir o seu propósito. 

26 "O soño de Zeff e Sanji, a fantasía do Mar Total"
Zefu to Sanji no yume maboroshi no Ōru Burū (ゼフとサンジの夢・幻のオールブルー)
27 de xullo do 200824 de maio do 2000

Como Zeff foi apreixado por Gin, a Sanji non lle queda outra que deixarse bater por Perla Muro de Ferro. Deste xeito, empeza a recordar o seu pasado. Pés Vermellos e el quedaran náufragos nunha illa sen apenas comida, e o pirata déixaralle ao rapaz toda a comida aínda arriscando a súa vida. É por iso que Sanji está en débeda con Zeff. Xuntos comparten, ademais, o soño de atopar o Mar Total, un lugar onde converxen os peixes de tódolos mares, o soño de calquera cociñeiro. 

27 "O inimigo sanguinario. Gin, o Comandante Pirata"
Reitetsu hijō no kijin. Kaizoku-kantai-sōtaichō Gin (冷徹非常の鬼人・海賊艦隊総隊長ギン)
28 de xullo do 200831 de maio do 2000

Gin entra no combate, pelexando contra Sanji, quen xa se atopa malferido logo do seu combate contra Perla Muro de Ferro. Malia a súa reputación, Gin decide aliarse con Sanji, xa que este lle salvou a vida dándolle de comer. Don Krieg, encabuxado, está disposto a rematar coa súa vida e coa de todos facendo uso dunha bomba de gas velenoso. 

28 "A batalla feroz entre Ruffy e o Capitán Krieg"
Shinane yo! Gekitō Rufi vs Kurīku! (死なねェよ!激闘ルフィVSクリーク!)
29 de xullo do 20087 de xuño do 2000

Malia o ataque mortal de Don Krieg, todos logran poñerse a salvo do gas, agás Gin, que lle deu a súa máscara a Ruffy. O Sombreiro de Palla entra no combate malia a perigosidade que ten, sorprendendo a todos, mesmo ao Capitán Krieg, do cal se di que vence aos seus inimigos sen recibir un só golpe destes. 

29 "Golpe mortal! O final da batalla"
Shitō no ketchaku! Hara ni kukutta ippon no yari! (死闘の決着!腹にくくった一本の槍!)
30 de xullo do 200821 de xuño do 2000

A batalla entre Ruffy e Don Krieg continúa e revela a súa arma máis secreta, unha enorme bomba. Logo de recibir uns cantos ataques, Ruffy inclina a balance ao seu favor, e derrota a Krieg para sorpresa de todos. Gin marcha de novo á Gran Ruta e despídese de Sanji e do resto da tripulación. 

30 "A despedida. O cociñeiro Sanji embarca con Ruffy"
Tabidachi! Umi no kokku wa Rufi to tomo ni (旅立ち!海のコックはルフィとともに)
31 de xullo do 200828 de xuño do 2000

Con todos a recuperárense da batalla, os cociñeiros do Baratie logran convencer a Sanji de que marche co Sombreiro de Palla. Nunha emotiva despedida, promete que ha regresar, e despídese con moito cariño de Zeff. Deste xeito, convértese no novo membro dos Sombreiro de Palla. Ruffy, Yosaku e o acabado de incorporar Sanji marchan destrás de Zoro, Usopp e Johnny que á súa vez van atrás de Nami. 

31 "O Home-Peixe Arlong. O pirata máis cruel do Mar do Leste"
Higashi no umi saiaku no otoko! Gyojin kaizoku Āron (東の海最悪の男!魚人海賊アーロン)
1 de agosto do 200812 de xullo do 2000

A tripulación persegue a Nami porque lles roubou o seu barco pirata. Yosaku explícalles a historia a Ruffy e Sanji de Arlong, o pirata que reside na vila de Nami. Este pirata Home-Peixe pertencera a unha banda moi perigosa e era compañeiro de Jimbei, un dos guerreiros do rei dos sete mares, os máis perigosos bucaneiros do mundo. Namentres, Usopp, Johnny e Zoro chegan á illa de Nami: Cocoyashi. 

32 "A bruxa da aldea de Cocoyashi"
Kokoyashi-mura no majō! Āron no onna-kanbu (ココヤシ村の魔女!アーロンの女幹部)
2 de agosto do 200819 de xullo do 2000

Zoro é capturado por un Home-Peixe logo de que Usopp e Johnny fuxisen nadando sen ser vistos deixando a Zoro co barco. Revélase que Nami foi parte da familia Arlong todo o tempo. Usopp é salvado por unha rapaza chamada Nojiko a cal lévao ata a súa casa. Un grupo de Homes-Peixe ataca a vila e Usopp salva ao alcalde da mesma, Genzo, disparándolle ao propio Arlong. 

33 "Usopp irá morrer?! Ruffy vai dar chegado?"
Usoppu shisu?! Rufi jōriki wa mada? (ウソップ死す?!ルフィ上陸はまだ?)
3 de agosto do 200819 de xullo do 2000

Nami axuda a escapar a Zoro, que se decata de que Nami non está a gusto coa cuadrilla dos Homes-Peixe. Usopp é capturado e para demostrarlle a súa lealdade a Arlong, Nami fai coma quen que o mata para que deixe de se entremeter nos seus plans. Finalmente, Ruffy, Yosaku e Sanji chegan á aldea. 

34 "O reencontro. A verdade de Nami contada por Usopp"
Zeninshūgetsu! Usoppu ga kataru Nami no shinjitu (全員集結!ウソップが語るナミの真実)
4 de agosto do 200826 de xullo do 2000

Johnny explícalles a todos o que viu: Nami matando a Usopp, pero Ruffy non o cre ata que chega Nami e llelo confirma. Dilles que marchen da illa de Cocoyashi, pero Ruffy quere quedar. Usopp volve e revela que Nami só quería axudalo para saír do alcance de Arlong e que por iso o chimpou á auga. A irmá de Nami, Nojiko, empeza a explicarlles porque Nami está a actuar dese xeito. 

35 "O pasado oculto. A guerreira Bellemere"
Himerareta kako! Onna senshi Berumēru! (秘められた過去!女戦士ベルメール!)
5 de agosto do 20082 de agosto do 2000

Nojiko, empeza a explicar a historia da súa infancia e a de Nami e recorda á súa nai adoptiva, Bellemere, que as rescatou cando pertencía á Armada. Malia que ningunha das tres estaba relacionada por vencellos de sangue coas outras e eran moi pobres, viviron unha infancia feliz, cando menos, ata a chegada de Arlong a aldea. 

36 "Os lazos familiares entre Nami e Bellemere"
Ikinuke! Haha Berumēru to Nami no kizuna! (生き抜け!母ベルメールとナミの絆!)
6 de agosto do 20089 de agosto do 2000

A historia da infancia de Nami e Nojiko continúa logo da chegada de Arlong. O Home-Peixe impuxo unhas taxas de alugueiro a tódalas persoas do pobo. Como Bellemere non puido pagar o seu prezo, pagou o das súas dúas fillas, e despois foi matada por Arlong. Ademais, esta cuadrilla, dado o talento da moza, secuestrara a Nami como debuxante de mapas e prometéralle que se reunía cincuenta millóns deixaría libre Cocoyashi e marcharía. 

37 "Ruffy reacciona. A fin dunha promesa rota"
Rufi tatsu! Uragirareta yakusoku no ketsumatsu! (ルフィ立つ!裏切られた約束の結末)
7 de agosto do 200816 de agosto do 2000

Nojiko remata de contar a historia. Un oficial da Armada chega ata a vila e confísca tódolos tesouros que Nami roubara, os cales eran só o rescate que lle debía pagar a Arlong para que liberase Cocoyashi. O oficial fora contratado polo propio Arlong. Ante semellante carraxe, o pobo decide que xa é dabondo e pensan loitar ou morrer no intento. Nami, chorando, pídelle axuda a Ruffy, quen, anoxado, está disposto a pelexar para liberar a vila. 

38 "Ruffy en apuros. Os Homes-Peixe contra a cuadrilla de Ruffy"
Rufi dai pinchi! Gyojin vs Rufi Kaizoku-dan (ルフィ大ピンチ!魚人vsルフィ海賊団)
8 de agosto do 200823 de agosto do 2000

Empeza a batalla entre os Homes-Peixe e os piratas da cuadrilla de Ruffy. Nunha xogada sucia, o capitán vese amarrado cunha pedra nos pés e Arlong lánzao ao mar sabendo que non poderá nadar porque consumiu un Froito do Demo. Zoro, malia estar moi ferido, enfróntase contra Octy, un polbo do grupo de Arlong, que ao posuír seis brazos fai o combate moi difícil. 

39 "Ruffy afoga. Zoro contra o polbo Octo"
Rufi suibotsu! Zoro vs tako no Hatchan (ルフィ水没!ゾロvsタコのはっちゃん)
9 de agosto do 200830 de agosto do 2000

Octy é derrotado por un Zoro sen alento. Sanji chímpase á auga para axudar a Ruffy e é perseguido polo terceiro membro máis forte dos Homes-Peixe, Kuroobi. Ao cociñeiro dos Sombreiro de Palla non lle queda outra que pelexar contra el na propia auga. Usopp loita contra Chew, o tirador da banda dos Homes-Peixe, pero foxe pola súa covardía. 

40 "Guerreiros destemidos. As violentas batallas de Sanji e Usopp"
Hokoritaki senshi! Gekitō Sanji to Usoppu (誇り高き戦士!激闘サンジとウソップ)
10 de agosto do 20086 de setembro do 2000

Logo de que bateran nel de contino, Sanji saca a Kuroobi da auga e vénceo cun xogo de poderosas patadas. Usopp dase de conta de que fuxindo non conseguirá nada e enfronta ao seu inimigo derrotándoo cunha inxeniosa técnica. Nami chega ao lugar e ve que o único dos Homes-Peixe que queda en pé é Arlong. 

41 "Ruffy a toda máquina. A decisión de Nami e o sombreiro de palla"
Rufi zenkai! Nami no ketsui to mugiwarabōshi (ルフィ全開!ナミの決意と麦わら帽子)
11 de agosto do 200813 de setembro do 2000

Os membros da familia de Arlong foron derrotados. Ruffy é liberado da auga grazas á axuda de Genzo e Nojiko. Só el poderá ser quen de derrotar ao pirata máis cruel do Mar do Leste. Arlong está a piques de esnaquizar a Zoro, pero Ruffy chega a tempo e comeza a súa loita contra el, malia o incrible poder do Home-Peixe. 

42 "A explosión de Arlong. Ataque feroz desde o mar!"
Sakuretsu! Gyojin Āron umi kara no (炸裂!魚人アーロン海からの猛攻撃!)
12 de agosto do 200827 de setembro do 2000

Arlong ataca a Ruffy cos seus dentes e está seguro da súa vitoria, porque cre que os Homes-Peixe son unha raza superior á humana. Ruffy anóxase e escáchalle os dentes, pero Arlong pode rexenerar a súa dentadura as veces que queira. Dentro da auga é aínda máis forte polo que cun dos seus ataques colle a Ruffy e lánzao ata o cuarto máis alto do edificio de Arlong: onde Nami estaba obrigada a debuxar os seus mapas. 

43 "A fin do imperio dos Homes-Peixe! Nami é a miña compañeira!"
Gyojin teikoku no Owari! Nami wa ore no Nakama! (魚人帝国の終わり!ナミは俺の仲間だ!)
13 de agosto do 200827 de setembro do 2000

Arlong revela a súa verdadeira intención de aproveitarse de Nami, e Ruffy, cheo de odio porque maltratou á súa compañeira, bátelle con forza ata vencelo e destruír enteira a gorida de Arlong. O seu berro furioso escóitase en todo Cocoyashi, e Nami só pode chorar bágoas de agradecemento. O oficial da Armada que fora contratado por Arlong, avisa ao cuartel xeral para que lle poñan unha recompensa a Ruffy para ser capturado. 

44 "Partindo cun sorriso. Adeus á miña terra, a aldea dos cocos"
Egao no tabidachi! Saraba kokyō Kokoyashi-mura (笑顔の旅立ち!さらば故郷ココヤシ村)
14 de agosto do 200811 de outubro do 2000

Hai unha festa en toda a aldea de Cocoyashi pola derrota de Arlong e a caída do seu imperio. Mentres os seus amigos festexan o acontecido, Nami diríxese á sepultura de Bellemere, e alí toma unha importante decisión: partirá con Ruffy e os demais ata a Gran Ruta para conseguir o seu soño de cartografar o mundo enteiro. Ao día seguinte, saen da aldea dos cocos, e despídense de todos. 

45 "Búscase. Ruffy Sombreiro de Palla acada sona mundial"
Shōkinkubi! Mugiwara no Rufi yo ni shirewataru (賞金首!麦わらのルフィ世に知れ渡る)
15 de agosto do 200825 de outubro do 2000

Logo dos feitos ocorridos na vila Cocoyashi, son publicadas as novas recompensas do Goberno Mundial. Para sorpresa de toda a tripulación e dos coñecidos da mesma, Ruffy acadou unha recompensa de trinta millóns. Mesmo Ollos de Falcón e Shanks quedan admirados. O grupo continúa a súa viaxe cara a Gran Ruta. 

46 "Tras do do sombreiro de palla. A grande aventura do pequeno Buggy"
Mugiwara o oe! Chiisana Bagī no daibōken (麦わらを追え!小さなバギーの大冒険)
16 de agosto do 20081 de novembro do 2000

Despois de ser derrotado por Ruffy, Buggy o pallaso vai na procura das partes do corpo que perdera. Buscando, chega ata a illa de Gaimon e dos seus animais, fanse amigos e acaban compartindo experiencias e vivencias. Finalmente atópase con Alvida, que tamén lle garda carraxe a Ruffy, fanse aliados e argallan un plan para capturar ao pirata do Sombreiro de Palla. 

47 "Estabades á espera. O regreso do capitán Buggy"
O-machika ne! Aa fukkatsu no Bagī-senchō! (お待ちかね!あぁ復活のバギー船長!)
17 de agosto do 20088 de novembro do 2000

Buggy encontra aos seus subordinados Mohji e Cabaji, que estaban engaiolados por unha tribo de caníbales. O pirata pallaso e a súa nova aliada Alvida logran liberalos e parten cara Vilalogue, para encontrar a Ruffy. Ao mesmo tempo, Nami propón facer unha paradiña nesa mesma vila para conseguir previsións antes de entrar na Gran Ruta. 

48 "A cidade do principio e a fin. Chegada a Vilalogue"
Hajimari to owari no machi rōgutaun jōriku (始まりと終りの町・ローグタウン上陸)
18 de agosto do 200822 de novembro do 2000

O Espírito de Merry chega a Vilalogue, a cidade natal do rei dos piratas Gol D. Roger e onde fora asasinado este persoeiro. Os membros da banda pirata divídense para mercaren cousas para a viaxe á Gran Ruta. Ruffy vai na procura do patíbulo no que o Rei dos Piratas foi axustizado e atópase co capitán Fumeta da Armada que anda na súa procura. Buggy e Alvida tamén andan na busca del. 

49 "Sandai Kitetsu e Yubashiri. As espadas novas de Zoro e a sarxento"
Sandai Kitetsu to Yukibashiri! Zoro no shintō to onna-sōchō (三代鬼徹と雪走!ゾロの新刀と女曹長)
19 de agosto do 200822 de novembro do 2000

Ruffy segue na procura do patíbulo no que mataron a Gol D. Roger. Namentres, Zoro quere mercar unhas novas espadas, xa que as súas foron destruídas na pelexa contra Ollos de Falcón. Alí coñece á Sarxento Tashigi, subordinada do capitán Fumeta, que quere capturar aos piratas e a cal logra recoñecer a Zoro. 

50 "Usopp contra o pai Daddy. Duelo a plena luz do día"
Usoppu vs. kotsure no Dadi mahiru no kettō (ウソップVS子連れのダディ真昼の決闘)
20 de agosto do 200829 de novembro do 2000

Usopp queda abraiado con toda a modernidade que hai na vila e coñece a unha rapaza cuxo pai, Daddy, disque é un gran tirador da Armada. Este xa pelexara contra o pai de Usopp en tempos, e agora quere un desquite co seu fillo para que lle devolva os lentes que lle quitou a súa filla anteriormente. 

51 "Unha ardente batalla culinaria. Sanji contra a chef espectacular"
Ore wa Rufi! Kaizoku-ō ni naru otoko da! (俺はルフィ!海賊王になる男だ!)
21 de agosto do 20086 de decembro do 2000

A tripulación dos Sombreiro de Palla continúa en Vilalogue. Sanji anda a observar as mozas guapas que hai na vila cando é sorprendido por Carmen, a cal di ser a mellor cociñeira do mundo. Nun concurso de cociña que se celebra na cidade, Carmen e Sanji enfrontaranse para acadar a vitoria e o premio: un estraño peixe elefante. 

52 "A vinganza de Buggy. O home que sorrí no patíbulo"
Bagī no ribengi! Shokeitai de warau otoko! (バギーのリベンジ!処刑台で笑う男!)
22 de agosto do 200813 de decembro do 2000

Ruffy atopou o patíbulo, pero é sorprendido por Alvida e pola tripulación de Buggy o pallaso. Nami decátase de que vai mudar o tempo, e decide que xa e hora de levar áncoras e partir para que non os pile a treboada. O plan de Buggy é executar públicamente a Ruffy. O capitán Fumeta e Tashigi logran sorprendelos e están dispostos a capturalos a todos. 

53 "A lenda empezou. Rumbo á Gran Ruta"
Densetsu wa hajimatta! Mezase Gurando Rain (伝説は始まった!目指せ偉大なる航路 グランドライン)
18 de febreiro do 201210 de xaneiro do 2001

Ruffy e os demais logran fuxir da Armada e das intencións de Buggy e Alvida, que son capturados por Fumeta. Grazas á sorprendente e misteriosa axuda dun home, Ruffy escapa de Fumeta e as tripulacións do resto dos piratas tamén conseguen facelo. O home dille que se quere capturar ao capitán do Sombreiro de Palla terá que partir cara a Gran Ruta. Todos parten cara á viaxe máis sorprendente da súa vida, na busca dos seus soños. 

54 "Apis! Unha rapariga misteriosa"
Aratanaru bōken no yokan! Nazo no shōjo Apisu (新たなる冒険の予感!謎の少女アピス)
25 de febreiro do 201217 de xaneiro do 2001

Nunha noite de treboada, unha rapariga chamada Apis foxe dun buque da Armada e acaba sendo recollida pola tripulación do Sombreiro de Palla. Ao decatarse de que son piratas, Apis decide ocultar as razóns polas cales escapou. Ruffy axúdaa e chegan ata o Cinto do Calmeiro, sendo perseguidos polos barcos da Armada. 

55 "A criatura prodixiosa. O segredo de Apis e a illa lendaria"
Kiseki no namamono! Apisu no himitsu to densetsu no shima (奇跡の生物!アピスの秘密と伝説の島)
3 de marzo do 201224 de xaneiro do 2001

No Cinto do Calmeiro non sopra o vento e, polo tanto, é imposible navegar. Apis fai un plan con Ruffy para fuxir dos animais enormes que alí habitan. Grazas a un espirro dunha das criaturas logran escapar. Máis tarde, o equipo chega á Illa do Buque de Guerra, onde coñecen a historia do lugar. Á noitiña, Ruffy e Nami seguen a Apis ata unha cova oculta na que hai un dragón, que é a razón pola que Apis é perseguida pola Armada. 

56 "O ataque de Erik. A gran fuxida da Illa do Buque de Guerra"
Erikku shutugeki! Gunkanjima kara no daidasshutsu! (エリック出撃!軍艦島からの大脱出!)
10 de marzo do 201231 de xaneiro do 2001

Agora que a tripulación está informada sobre as razóns polas que Apis fuxía, intentan escapar da illa para salvar ao vello dragón dos mil anos, pero atópanse con Erik, que quere os ósos do dragón que conceden a vida eterna. Ruffy e Sanji loitan contra os da Armada, mentres que Nami e Apis pousan o dragón sobre un carro para transportalo onda o Espírito de Merry. Parten da Illa do Buque de Guerra na procura da illa perdida do Niño do Dragón mentres foxen da Armada. 

57 "A lendaria illa perdida no medio do océano"
Zekkai no Katō! Densetsu no rosuto airando (絶海の孤島!伝説のロストアイランド)
17 de marzo do 20127 de febreiro do 2001

Despois de chegar ao que podería ser a illa perdida, a tripulación do Sombreiro de Palla fai un percorrido pola mesma ata que atopan un templo antigo. Nel, hai unhas pinturas que indican que o Niño do Dragón existe de verdade. Erik estívoos a seguir todo o tempo e aparece por sorpresa no templo. 

58 "Duelo nas ruínas. Zoro contra Erik"
Haikyo no kettō! Kinpaku no Zoro tsui Erikku! (廃墟の決闘!緊迫のゾロ対エリック!)
24 de marzo do 201214 de febreiro do 2001

Zoro queda no templo pelexando contra Erik. Nametres, Ruffy e mailos seus amigos corren ata o Espírito de Merry para chegar a templo á lendaria illa perdida. Pero atópanse con máis problemas: o almirante Nelson e unha chea de axentes da Armada estanos a rodear cos seus barcos. 

59 "A estrataxema secreta do Almirante Nelson. Ruffy está rodeado"
Rufi kanzen hōi! Teitoku Neruson tō hisaku (ルフィ完全包囲!提督ネルソンの秘策)
31 de marzo do 201221 de febreiro do 2001

O almirante Nelson descobre as verdadeiras intencións do seu subordinado Erik e decide tomar unha decisión moi persoal: sacrificar a vida do vello dragón dos mil anos para, cos seus ósos, acadar a vida eterna. Ao Niño do Dragón chegan un monte de dragóns e Ruffy aproveita a confusión para baterlle ao Almirante. 

60 "Algo que voa no ceo. A lenda resucita"
Ōzora wo mau mono! Yomigaeru sen nen no densetsu! (大空を舞うもの!蘇る千年の伝説!)
7 de abril do 201228 de febreiro do 2001

No seu derradeiro alento, o vello dragón dos mil anos chama ao resto dos dragóns, e a Illa Perdida rexorde do mar. Ao mesmo tempo, Ruffy derrota ao Almirante Nelson e a súa tripulación. O dragón dos mil anos morre, pero dun ovo sae outro dragón. Apis está triste pero por fin descobre a verdade: a illa perdida é un lugar ao que van os dragóns para nacer e morrer, nun ciclo que se repite cada mil anos. 

61 "Enfrontamento feroz. A entrada na Liña Vermella"
Ikari no kecchaku! Reddo Rain wo norikoero! (怒りの決着!赤い大陸(レッドライン)を乗り越えろ!)
14 de abril do 20127 de marzo do 2001

Erik non se dá por vencido e loita contra Ruffy. O capitán do Sombreiro de Palla gaña a pelexa. Despois, a tripulación despídese de Apis e da Illa do Buque de Guerra, e parten en dirección á Gran Ruta. Para chegar a ela deben atravesar a Montaña Inversa da Liña Vermella mediante un canal. Finalmente, a corrente desprázaos ata a Gran Ruta.