Lista de episodios de One Piece (temporada 2)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segunda temporada de One Piece
Tempada de [[One Piece]]
OrixeFlag of Japan.svg Xapón
de episodios16
Emisión
Canle orixinalFuji TV
Emisión orixinal21 de marzo do 2001
- 19 de agosto de 2001
Cronoloxía
Lista de episodios de One Piece (1ª tempada) Segunda temporada de One Piece'' Lista de episodios de One Piece (3ª tempada)

A segunda tempada da serie de televisión One Piece comezou a transmitirse o 21 de marzo do 2001 no Xapón, acabando finalmente o 19 de agosto do mesmo ano, cun total de 16 episodios. Nesta segunda tempada a tripulación do Sombreiro de Palla entra na Gran Ruta e coñecen a Vivi, enfróntandose ao mesmo tempo con varios membros da Gavela dos Barrocos.

Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, un froito do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou incontables corsarios na procura do tesouro perdido. Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantando áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro. Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe cara a Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

En Galicia, a tempada estreouse na tvG2 o 21 de abril do 2012 dobrada ao galego, e rematou o 4 de agosto do mesmo ano.

# Título en galego Data de emisión en Galicia Data de emisión no Xapón
62 "Un cachalote xigante. A aparición de Raboon"
Saisho no toride? kyodai kujira Rabūn genru (最初の砦?巨大クジラ・ラブーン現る)
21 de abril do 201221 de marzo do 2001

Ao entrar na Gran Ruta, o Espírito de Merry e súa tripulación son engulidos por un cachalote xigante chamado Raboon. Dentro do estómago do animal descobren unha casa na que vive un home, Crocus. Ademais, non son os únicos, dentro do cachalote hai un home e unha muller que se chaman por alcumes: Mr. 9 e Miss Wednesday. 

63 "A promesa dun home. Ruffy e o cachalote comprométense a un reencontro"
Otoko no yakusoku! Rufi to kujira saikai no chikai (男の約束!ルフィとクジラ再開の誓い)
28 de abril do 201221 de marzo do 2001

Logo de escoitar a historia de Raboon, Ruffy argalla unha solución intelixente para o seu problema. Crocus, o gardián do cachalote, explícalles como navegar pola Gran Ruta e dálles un compás especial, o Gran Compás, xa que os compases normais non serven para navegar por este mar. Mr. 9 e Miss Wednesday pídenlles a Ruffy que os leven ata a súa vila, Whisky Peak, e este acepta. 

64 "Unha vila de amantes dos piratas? Chegada a Whisky Peak"
Kaizoku kangei no machi? Uisukī Pīku jōriku (海賊歓迎の町?ウイスキーピーク上陸)
5 de maio do 201215 de abril do 2001

Ruffy e a súa tripulación chegan a Whisky Peak despois de atravesaren as típicas condicións climáticas adversas da Gran Ruta... A xente da vila ofrécelles unha gran benvida e o alcalde organiza unha festa pola súa chegada. Ao remate desta, toda a tripulación queda adormecida. Zoro esperta e espreita a unha muller, Miss Monday e ao alcalde Igarapoi que falan de matar aos Sombreiro de Palla para gañar unha recompensa para o seu grupo, a Gavela dos Barrocos. 

65 "A técnica das tres espadas. Zoro contra a Gavela dos Barrocos"
Sakuretsu Santōryū! Zoro vs. Barokku Wākusu! (炸裂三刀流!ゾロVSバロックワークス!)
12 de maio do 201215 de abril do 2001

Mentres todos están durmidos, Zoro é descuberto e tense que enfrontar a un centenar de membros da Gavela dos Barrocos, empregando as espadas novas que mercara en Vilalogue. Logo de derrotar a Miss Monday, a Igarapoi, a Miss Wednesday e a Mr. Nine, chegan dous novos membros da gavela, Miss Valentine e Mr. 5. Din que hai unha persoa de sangue real infiltrada no grupo: Miss Wednesday, que non resulta ser outra que Vivi, a raíña de Arabasta acompañada por Mr. 8 Igarapoi, que en realidade se chama Igaram. 

66 "Un combate en serio! Ruffy contra Zoro nun duelo inesperado"
Shinken shōbu! Luffy vs. Zoro nazo no dai kettō! (真剣勝負!ルフィVSゾロ謎の大決闘!)
19 de maio do 201222 de abril do 2001

Ruffy, sen saber que a cidade está chea de cazadores de recompensas, loita con rabia contra Zoro porque deixou inconscientes a toda a xente que os recibira cunha festa. Namentres Mr. 5 e Miss Valentine queren matar a Vivi, logo de saber que descubrira a identidade do xefe da Gavela dos Barrocos. Ruffy e Zoro derrotan á parella asasina e seguen pelexando. 

67 "Salvade a raíña Vivi! A fuxida da cuadrilla pirata de Ruffy"
Ōjo Vivi wo todokero! Rufi kaizoku dan shukkō (王女ビビを届けろ!ルフィ海賊団出航)
26 de maio do 201229 de abril do 2001

Vivi explícalles o que pasa no seu país, Arabasta, e pídelles axuda aos Sombreiro de Palla. Nami detén o duelo entre Zoro e Ruffy e aceptan levala de volta ata o seu país para solucionar o conflito. Igaram, servo de Vivi, disfrázase dela e foxe nun barco que acaba estourando. A culpable é Miss All-Sunday, subordinada de Crocodilo, o xefe da Gavela dos Barrocos. Ademais ofrécelle a Ruffy un Compás Eterno para chegaren directos a Arabasta. Ruffy rexéitao e continúan a súa viaxe ata a vindeira illa, Xardín Pequeno, con Vivi como nova membro na tripulación. 

68 "Aguanta, Coby! Diario da loita de Coby e Helmeppo"
Ganbare Kobī! Kobimeppo kaigun funtōki (頑張れコビー!コビメッポ海軍奮闘記)
2 de xuño do 201213 de maio do 2001

Durante a viaxe ata Xardín Pequeno, Vivi e os Sombreiro de Palla empezan a falar sobre o pasado. Ruffy coméntalles sobre Coby e Helmeppo, os rapaces que estaban no cuartel do Capitán Morgan. Agora, están traballando na Armada coma 'homes para todo', cando chega o Vice-Almirante Garp para prender a Morgan. Desgraciadamente logra fuxir, pero en troques, Garp comprométese a adestrar aos dous rapaces para poderen ser axentes da Armada. 

69 "A determinación de Coby e Helmeppo. O amor paternal do Vice-Almirante Garp"
Kobimeppo no ketsui! Gāpu chūjō no oyagokoro (コビメッポの決意!ガープ中将の親心)
9 de xuño do 201220 de maio do 2001

Coby e Helmeppo continúan o seu adestramento baixo as ordes do Vice-Almirante Garp, para poder derrotar un día a Morgan se se volven atopar con el. Malia que os exercicios son duros de máis para dous rapaces como eles, non se renden e porfían no seu obxectivo. Namentres, a tripulación do Sombreiro de Palla e Vivi continúan a súa viaxe cara a illa de Xardín Pequeno. 

70 "A illa prehistórica. Unha sombra axexa en Xardín Pequeno"
Taiko no shima! Ritoru Gāden ni hisomu kage! (太古の島!リトルガーデンに潜む影!)
16 de xuño do 201227 de maio do 2001

Ruffy e a súa cuadrilla chegan a Xardín Pequeno. Esta illa presenta unha vexetación prehistórica e está habitada por dinosauros. Xardín Pequeno está parada no clima, na fauna e na flora da prehistoria. Todos van explorar a illa agás Nami e Usopp que quedan no barco por medo do que podería agochar este sitio. Ao mesmo tempo, dous axentes da Gavela dos Barrocos, Mr. 3 e Miss Goldenweek van para alá coa intención de derrotar aos Sombreiro de Palla. 

71 "O gran duelo! Os xigantes Dorry e Brogy"
Dekkai kettō! Kyohei Dorī to Burogī (でっかい決闘!巨人ドリーとブロギー)
23 de xuño do 20123 de xuño do 2001

Ruffy, Vivi e o seu parrulo Calú atópanse en Xardín Pequeno co xigante Dorry, e Usopp e Nami coñecen ao xigante Brogy. Ámbolos dous son moi amables e simpáticos cos forasteiros. Zoro e Sanji andan competindo para ver cal deles é quen de cazar a maior presa. Namentres chegan á illa os dous axentes da Gavela dos Barrocos que argallan capturar aos dous xigantes e á cuadrilla de Ruffy, Mr. 3 e Miss Goldenweek, e tamén chegan Mr. 5 e Miss Valentine para se vingaren do do Sombreiro de Palla. 

72 "Ruffy cabréase. Xogo sucio nun combate sagrado"
Rufi okoru! Seinaru kettō ni hiretsu na wana (ルフィ怒る!聖なる決闘に卑劣な罠)
30 de xuño do 201214 de xuño do 2001

Logo do estoupido do volcán de Xardín Pequeno, Dorry e Brogy empezan a pelexar, como levan facendo cen anos seguidos. Ao rematar a contenda, Dorry é ferido por un barril de cervexa que estaba a beber e que contiña unha bomba. Pensando que fora Ruffy quen lle tendeu a trampa, comezan unha pelexa entre eles. Pero cando volve estoupar o volcán, o sinal para seguir pelexando contra Brogy, diríxese ata o sitio pactado para continuar a batalla. A realidade, non obstante, é que foi Mr. 3 quen introduciu a bomba no barril... 

73 "Brogy chora a vitoria! O veredicto de Erbaf"
Burogī shōri no gōkyū! Erubafu no kecchaku (ブロキー勝利の号泣!エルバフの決着)
7 de xullo do 201224 de xuño do 2001

Dorry non pensa botarse atrás e decide pelexar no seu combate sagrado contra Brogy. Desde que foron expulsados da súa terra natal de Erbaf e foron enviados a Xardín Pequeno, en cen anos, o resultado sempre foi o mesmo: un empate. Pero desta vez, por mor da desvantaxe de Dorry, é o xigante Brogy quen acada a vitoria. Coa fin do duelo, chegan os axentes da Gavela dos Barrocos, que por fin van dar a cara para rematar a súa misión de capturar aos xigantes, a Vivi, e aos Sombreiro de Palla. 

74 "O home candea. Bágoas de pesar e bágoas de rabia"
Ma no Candle! Munen no namida to okori no namida (魔のキャンドル!無念の涙と怒りの涙)
14 de xullo do 201215 de xullo do 2001

Comeza o combate contra os axentes da Gavela dos Barrocos! Mr. 3 é un home candea, e grazas ao seu Froito do Demo posúe o poder de crear e moldear a cera a súa vontade. Deste xeito captura a Nami, Zoro, Vivi e Brogy. Ruffy, Usopp e Calú teñen a intención de axudar aos seus amigos e pelexar contra Mr. 3 e compaña. 

75 "Arte máxica contra Ruffy. A Trampa de Cores"
Rufi wo osō maryoku! Karāza Torappu (ルフィを襲う魔力!カラーズトラップ)
21 de xullo do 201212 de agosto do 2001

Ruffy empeza a pelexar contra Mr. 3, pero Miss Goldenweek non llo ha poñer doado. Esta axente posúe a Trampa de Cores, unha paleta coa cal pode controlar os movementos do suxeito co que estea a pelexar. Ao mesmo tempo, Usopp e Calú fanlle fronte a Mr. 5 e a Miss Valentine. Zoro, Nami, Vivi e Brogy están sendo transformados en estatuas de cera. O tempo xoga na súa contra. 

76 "Contraataque urxente. As ocorrencias de Usopp e as súas estrelas"
Iza hangeki! Usoppu no kiten to kaenboshi! (いざ反撃!ウャプの機転と火炎星!)
28 de xullo do 201219 de agosto do 2001

Miss Goldenweek imposibilita todos os movementos de Ruffy coa súa Trampa de Cores. Usopp intervén para axudar ao seu amigo. Nami, Zoro, Vivi e Brogy son liberados da cera grazas ás armas de estrelas de Usopp, e Mr. 5 e Miss Valentine son eliminados de contado. Mr. 3 e Miss Goldenweek foxen ao vérense derrotados fronte aos Sombreiro de Palla. Ao mesmo tempo Sanji atopa a gorida dos axentes da gavela de Xardín Pequeno e ponse en contacto con Mr. 0 o Crocodilo, facendo coma quen é Mr. 3. 

77 "Adeus illa dos xigantes! Rumbo a Arabasta"
Saraba Kyojin no Shima! Arabasuta o Mezase (さらば巨人の島! アラバスタを目指せ)
4 de agosto do 201219 de agosto do 2001

Sanji fala con Mr. 0 como se fose Mr. 3, para lle informar de que eliminou á tripulación dos Sombreiro de Palla e que non teñen que seguir a perseguir aos devanditos piratas. No refuxio tamén hai un Compás Eterno cara Arabasta, e xa que todo rematou e posúen o tal compás, deciden levar áncoras e abandonar Xardín Pequeno en dirección ao reino de Vivi, pero un peixe xigante impídelles o paso. Dorry e Brogy unen forzas para limparlles o camiño aos seus amigos. Unha nova aventura agarda pola tripulación en novos lugares!