Lisa Ray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lisa Ray
Lisa Ray.jpg
Nacemento4 de abril de 1972
LugarToronto
NacionalidadeCanadá
RelixiónHinduísmo
Educada enAcademy of Live and Recorded Arts
Profesiónactriz, modelo e actriz de cinema
editar datos en Wikidata ]

Lisa Rani Ray, nada o 4 de abril de 1972,[1] é unha actriz canadense, modelo, presentadora televisiva, filántropa e activista social. En 2005, apareceu no filme canadense Water. En 2008 protagonizou a carón de Sheetal Sheth os filmes románticos I Can't Think Straight e The World Unseen.

Ray fixo o seu debut no cinema indio no filme de 1994 Nethaji, xunto a Sarath Kumar, no cal fixo un pequeno papel. En 2001, apareceu no filme de Bollywood Kasoor xunto a Aftab Shivdasani. En 2002, actuou en Takkari Donga con Mahesh Babu. En 2016, Ray apareceu no filme biográfico de Ram Gopal Varma Veerappan.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. worldfilm.about.com (ed.). "Lisa Ray Profile". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2016. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  2. Bollywood Hungama. Bollywood Hungama, ed. "Lisa Ray to star in Ram Gopal Varma's Veerappan". Consultado o 20 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]