Lirio (peixe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lirios.

O lirio ou mexete (Micromesistius poutassou, Risso, 1827) é un peixe da familia dos gádidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

A cor do dorso é gris azulenta, atenuándose gradualmente ata a cor brlanca no ventre, cunha pequena mancha negra na base da aleta pectoral ás veces ausente. A lonxitude máxima habitual é duns 22 cm, aínda que se atoparon exemplares de 50 cm (FishBase). A liña lateral é continua ó longo de todo o corpo.

Tres aletas dorsais moi separadas, sen espiñas pero con 24-28 radios brandos; a separación entre a segunda e terceira aletas dorsais é maior que a lonxitude da base da primera dorsal, e esta característica permite diferenciar esta doutras especies de gádidos. A aleta anal posúe 33-39 radios brandos.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Distribución da especie

Trátase dunha especie batipeláxica (propia das zonas máis profundas do mar) e oceanódroma (migratoria só en augas salgadas). Vive a profundidades de entre 150 e 3.000 m, aínda que o habitual é entre 300 e 400 m, en augas temperadas do Atlántico Norte, e entre os 79° e os 26° de latitude Norte.

Aliméntase fundamentalmente de pequenos crustáceos, aínda que os individuos de maior tamaño tamén son depredadores de pequenos peixes e cefalópodos.

O lirio é obxecto de pesca e aproveitamento comercial, se ben acadan prezos relativamente baixos. Segundo a Plataforma Tecnolóxica da Pesca Pesca de Galicia.com [1] as capturas de lirio foron moi irregulares nos últimos anos, alcanzando cifras de descarga nas lonxas galegas de 17.000 toneladas en 2009, 9.000 en 2010, só 1.270 en 2011 para volver ascender ata case as 6.000 toneladas en 2012. Os prezos en lonxa oscilaron ó redor de 1 euro/kg durante todos estes anos.

O lirio en Galicia[editar | editar a fonte]

Selo das illas Feroe representando un banco de lirios.

Ríos Panisse descarta que o nome veña da planta chamada lirio ou do roedor do mesmo nome. Supón que procederá do galego lirio co significado de viscosidade, limo, sucidade, e que o nome do peixe sería unha elipse de peixe de lirio (é dicir, peixe do limo).

Eladio Rodríguez cita a crenza errónea de Cornide de que o lirio era o salmón desovado, ó que chamaba zancudo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lirio
Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lirio