Lino Torre Sánchez-Somoza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1866 Santiago de Compostela, España |
Morte | 7 de maio de 1921 (55 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | broncopneumonía |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1920 – 1921 ← Cleto Troncoso Pequeño – Luis Blanco Rivero → | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1 de xaneiro de 1906 – 23 de xaneiro de 1909 ← Eduardo Vilariño Magdalena – Pedro Pena Gamallo → | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, xurista |
Familia | |
Pai | Casimiro Torre Castro |
Irmáns | Casimiro Torre Sánchez-Somoza |
Lino Torre Sánchez-Somoza, nado en Santiago de Compostela o 30 de marzo de 1866 e finado na mesma cidade o 7 de maio de 1921,[2] foi un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Casimiro Torre Castro. Licenciouse en Dereito en 1887 e doutorouse ao ano seguinte. Abriu bufete e despois foi xuíz de primeira instancia. Conseguiu unha cátedra de Dereito na Universidade de Salamanca. En 1899 obtivo o traslado á cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela.
Vencellado ao monterismo, Concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Santiago de Compostela, exerceu como alcalde interino a finais de 1905. Presentouse ás eleccións de 1905 no distrito de Ponte Caldelas pero foi derrotado por Fernando Roca de Togores Aguirre, marqués de Rocamora.[3] Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela por Real Orde de 16 de decembro de 1905, tomando posesión o 1 de xaneiro de 1906.[4][5] O 17 de xaneiro de 1909 presentou a súa dimisión como alcalde de Santiago, por ser contrario á Lei de Descanso Dominical, enfrontándose ao gobernador civil da Coruña, Felipe Crespo Lara. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1910 e volveu ser reelixido polo mesmo distrito en 1916. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela desde xaneiro de 1920[6] ata o seu falecemento en 1921 por mor dunha broncopneumonía.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Purificación Blanco Rivero de Aguiar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vida Gallega, 30-8-1921, p. 13.
- ↑ "El fallecimiento del Rector de la Universidad D. Lino Torre y la colonia gallega en Madrid". El Compostelano (en castelán). 7 de maio de 1921. p. 3.
- ↑ El Correo de Galicia, 11-9-1905, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 4-1-1906, p. 2.
- ↑ Barral Martínez 2006.
- ↑ "El Rector de la Universidad". El Regional (en castelán). 12 de xaneiro de 1920. p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barral Martínez, Margarita (2006). A administración local en Compostela na era monterista (PDF). Monografías 05. Santiago: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). p. 86. ISBN 978-84-453-4402-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7/11/2017.
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. El siglo XIX. Santiago de Compostela: Universidade. p. 415. ISBN 84-9750-269-8. (en castelán)
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenealoxía Torre Arquivado 01 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
Predecesor: Eduardo Vilariño Magdalena |
Alcalde de Santiago 1906 - 1909 |
Sucesor: Pedro Pena Gamallo |
Predecesor: Cleto Troncoso Pequeño |
Reitor da Univ. de Santiago 1920 - 1921 |
Sucesor: Luís Blanco Rivero |