Fernando Roca de Togores Aguirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Roca de Togores Aguirre
Nacemento4 de marzo de 1859
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Fernando Roca de Togores Aguirre-Solarte, marqués de Rocamora, nado en Madrid o 4 de marzo de 1859, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Mariano Roca de Togores Carrasco e cuñado de Raimundo Fernández Villaverde. Nas eleccións de 1886 foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Sahagún. Nas eleccións de 1899 volveu ser elixido polo distrito de Albacete. Foi senador pola provincia de Alicante (1903-1904 e 1904-1905). Nas eleccións de 1905 foi deputado por Ponte Caldelas e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1907. O 12 de noviembre de 1890 a rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena concedeulle o título de marqués de Rocamora. Foi procesado en 1932 pola Sanjurjada e declarado en rebeldía.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1882 con María del Carmen Caballero Saavedra e foi pai de Fernando Roca de Togores Caballero (1884-1935), II marqués de Rocamora.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]