Linguaxe de Modelaxe Unificada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En enxeñería software, a Linguaxe de Modelaxe Unificada (Unified Modeling Language, UML) é unha linguaxe de especificación e mais de modelaxe de obxectos; é un estándar aberto. Con todo, o uso de UML non se restrinxe a modelaxe de obxectos: pode usarse para a modelaxe de procesos de negocio (business process) e mais para a de organizacións e, incluso, para a de hardware.

UML é o froito da recompilación das mellores prácticas de enxeñería probadas na modelaxe de sistemas grandes e complexos, en particular ao nivel de arquitectura software.

UML úsase, xunto cun proceso asociado, para especificar, describir visualmente, construír e documentar os aparellos ou elementos (artifacts), en forma de orientación a obxectos, dun sistema ou dunha aplicación.

Historia[editar | editar a fonte]

UML é un estándar na industria, amplamente utilizado, creado baixo os auspicios da OMG, integrando os conceptos de Booch, OMT, OOSE e Class-Relation fundidos nunha única e común linguaxe de modelaxe, o que permite a modelaxe de sistemas distribuídos.

Características[editar | editar a fonte]

Hai tres modelos prominentes no desenvolvemento dun sistema en UML:

  • Modelo funcional: describe, en forma de casos de uso (use cases) as funcionalidades que debe realizar o sistema desde o punto de vista do usuario final.
  • Modelo de clases/obxectos (modelo estático): describe as estruturas do sistema, en forma de diagramas de clases/obxectos, cos seus atributos e interrelacións.
  • Modelo dinámico: describe a dinámica do sistema. Prové dos seguintes diagramas para este fin:
    • Diagramas de secuencia: diagramas de interacción entre clases/obxectos nunha perspectiva temporal.
    • Diagramas de colaboración: similar aos diagramas de secuencia, nunha perspectiva semitemporal.
    • Diagramas de estado: describen a evolución de estados dun obxecto.
    • Diagramas de actividade: describen a evolución de actividades dun obxecto.

UML é fundamental mais non é dabondo[editar | editar a fonte]

UML non define un método específico nin forza, polo tanto, a usar ningún método específico de modelaxe.

Un exemplo de método usado en conxunción con UML é o Rational Unified Process de IBM-Rational, e existen outros máis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]