Lingua yavapai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yavapai
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Arizona
Total de falantes: 100–150 (2007)[1]
Familia: Yuma
 Yuma nuclear
  Pai
   Yavapai
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: yuf
Mapa
Status

O yavapai está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O yavapai é unha lingua indíxena falada polo pobo yavapai, que habita no oeste e o centro de Arizona. Ten catro variedades dialectais: kwevkepaya, wipukpaya, tolkepaya e yavepe. Téñense publicado estudos lingüísticos dos dialectos kwevkepaya (sur), tolkepaya (oeste), wipukepa (Verde Valley) e yavepe (Prescott).

O yavapai foi falado outrora ó longo do norte e oeste do estado de Arizona, pero no presente só se fala nas reservas yavapai de Fort McDowell, Verde Valley e Prescott.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ethnologue (ed.). "Havasupai-Walapai-Yavapai en Ethnologue". Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Biggs, Bruce. 1957. Testing Intelligibility among Yuman Languages. In International Journal of American Linguistics. Vol. 23, No. 2. (abril 1957), pp. 57–62. University of Chicago Press.
  • Mithun, Marianne. 1999. The Languages of Native North America. Cambridge University Press.
  • Shaterian, Alan William. 1983. Phonology and Dictionary of Yavapai. University of California, Berkeley.