Existen uns 60 falantes de omaha, dos cales 25 son falantes fluídos, e tamén existe unha presa de falantes semi-fluídos de Ponca.
A Universidade de Nebraska ofrece clases en lingua omaha, e o seu proxecto "Omaha Language Curriculum Development Project" (OLCDP) achega materiais en liña para aprender a lingua.[4][5][6][7] En febreiro de 2015, un artigo cifraba o número de falantes fluídos en 12, todos eles con máis de 70 anos, entre os cales había dous profesores cualificados. O consello tribal estima unhas 150 persoas con algunha habilidade coa lingua. A lingua é ensinada na Escola Pública Nacional Umónhon.[8] Unha aplicación para iPhone en lingua omaha foi desenvolvida pola Omaha Nation Public Schools (UNPS) e o Omaha Language Cultural Center (ULCC).[9] Os membros do pobo osage de Oklahoma expresaron o seu interese nunha colaboración como base para revitalizar a lingua osage.[8]