Lingua omaha-ponca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua omaha")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Omaha
Falado en: Estados Unidos
Rexións: Nebrasca e Oklahoma
Total de falantes: 85 (2007)
Familia: Síux
 Síux occidental
  Síux do val do Mississippi
   Dhegiha
    Omaha
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: oma
Oklahoma Indian Languages.png

A lingua omaha-ponca é unha lingua síux falada polo pobo omaha de Nebrasca e o pobo ponca de Nebrasca e Oklahoma. Os dous dialectos difiren minimamente mais son considerados linguas diferentes polos seus falantes.[1]

Uso e esforzos de revitalización[editar | editar a fonte]

Existen uns 60 falantes de omaha, dos cales 25 son falantes fluídos, e tamén existe unha presa de falantes semi-fluídos de Ponca.

A Universidade de Nebrasca ofrece clases en lingua omaha, e o seu proxecto "Omaha Language Curriculum Development Project" (OLCDP) achega materiais en liña para aprender a lingua.[2][3][4][5] En febreiro de 2015, un artigo cifraba o número de falantes fluídos en 12, todos eles con máis de 70 anos, entre os cales había dous profesores cualificados. O consello tribal estima unhas 150 persoas con algunha habilidade coa lingua. A lingua é ensinada na Escola Pública Nacional Umónhon.[6] Unha aplicación para iPhone en lingua omaha foi desenvolvida pola Omaha Nation Public Schools (UNPS) e o Omaha Language Cultural Center (ULCC).[7] Os membros do pobo osage de Oklahoma expresaron o seu interese nunha colaboración como base para revitalizar a lingua osage.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rudin & Shea (2006) "Omaha–Ponca", in the Encyclopedia of Language and Linguistics
  2. Overmyer, Krystal (13 de decembro de 2003). Canku Ota, ed. "Omaha language classes keep culture alive". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  3. Abourezk, Kevin (9 de outubro de 2011). The Lincoln Journal Star Online, ed. "Woman travels 1,100 miles to learn Omaha language". Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  4. Florio, Gwen. The Buffalo Post, ed. "Culture-thief? Or help to tribe? Non-Native American Omaha language teacher stirs debate". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2014. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  5. "Omaha Language Curriculum Development Project". Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Peters, Chris (15 de febreiro de 2015). Omaha.com: Living, ed. "Omaha Tribe members trying to revitalize an 'endangered language'". Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  7. iTunes Preview (ed.). "Omaha Basic on the App Store on iTunes". Consultado o 3 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]