Saltar ao contido

Lingua huilliche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua huilliche
 Instancia de
 Subclase de
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo crítico
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
 Mapas
Mapa de distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01zn04 Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3huh Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5huh Editar o valor en Wikidata
IETFhuh Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O huilliche (tamén soletreado williche, huiliche ou veliche) é unha lingua moribunda pertencente á familia das linguas araucanas. En 1982, era falada por 2 000 membros do pobo huilliche en Chile, mais no 2012 só restaban uns poucos falantes de idade avanzada.[1] É falada nas rexións de Los Lagos e de Los Ríos, nos vales montañosos entre a cidade de Valdivia e o arquipélago de Chiloé no sur. O huilliche está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

O huilliche componse de dúas variedades, chamadas huillichesungun e tsesungun polos seus falantes. O huillichesungun é falada en Wequetrumao, na illa de Chiloé, e o tsesungun é falada en Choroy Traiguen, na costa da provincia de Osorno.[3] O huilliche está estreitamente relacionado co mapuche, a lingua do pobo homónimo, aínda que se precisan máis investigacións para determinar o grao de intelixibilidade mutua entre ambos.

Mapa que amosa os pobos indíxenas de Chile; os huilliches atópanse no medio do país.
Subgrupos dialectais
 
 
 
 
 

I

 
 

II

 
 
 
 
 
 

III

 
 

IV

 
 
 
 

V

 
 

VI

 
 

VII

 
 
 
 
 

Huilliche

 
 
Cladograma mostrando a proximidade do huilliche cos dialectos mapuches (I–VII) baseándose en características compartidas segundo Robert A. Croese. Os subgrupos dialectais están ordenados grosso modo pola súa distribución xeográfica de norte a sur.[4]
  1. ↑ "Huilliche".
  2. ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  3. ↑ Harrison, David K. "Enduring Voices in Chile—January 2011" (PDF).
  4. ↑ Croese, Robert A. (1985). "21. Mapuche Dialect Survey". En Manelis Klein, Harriet; Stark, Louisa R. South American Indian Languages: Retrospect and Prospect. Austin, Texas: University of Texas Press. pp. 784–801. ISBN 0-292-77592-X.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]